Pestanas principais

Aprázase ata o 1 de outubro o comezo das clases na Escola Municipal de Música de Ames

Luns, 14 de setembro de 2020

Dende a Concellaría Cultura infórmase que este ano, debido a pandemia derivada da Covid-19, as clases da Escola Municipal de Música aprázanse ao día 1 de outubro. Dito aprazamento está provocado polos traballos de acondicionamento das aulas da EMMA e pola elaboración dun protocolo para que o comezo e desenvolvemento da actividade na escola sexa o máis seguro posible, tanto para o alumnado coma as familias e o profesorado. Dende a Concellaría de Cultura tamén se informa de que proximamente se vai abrir un prazo de inscrición para alumnado novo que queira iniciar estudos na Escola de Música.

Co obxectivo de protexer e previr no máximo posible o risco de contaxio pola Covid-19, e tendo en conta as medidas sanitarias establecidas a día de hoxe, estanse acondicionando as aulas da EMMA, e elaborando un protocolo para o comezo e desenvolvemento da actividade na escola, o máis seguro posible tanto para o alumnado coma as familias e o profesorado.

Con motivo de adoptar as medidas sanitarias precisas e contar cun protocolo de actuación para a Escola Municipal de Música de Ames debido a situación provocada pola Covid 19, dende a Concellaría de Cultura vese na obriga de aprazar o comezo do curso escolar da EMMA 2020/2021; que comezará o 1 de outubro. Unha vez se remate a elaboración de dito protocolo, informarase do seu contido ás familias con rapaces e rapazas matriculados na EMMA.

As medidas que se adopten serán obxecto de revisión continúa en función de evolución do risco sanitario e das decisións que adopten as autoridades sanitarias autonómicas e estatais e iranse actualizando cando sexa necesario, se os cambios na situación epidemiolóxica así o requiren.

A concelleira de Cultura e responsable da Escola Municipal de Música de Ames, natividade González, explica que “comenzamos un curso escolar moi diferente ao que estamos acostumados, e con toda probabilidade así se desenvolvera durante todo o curso 2020-2021. Debido a esta situación provocada pola Covid-19 debemos ter cautela, prudencia, responsabilidade e sobre todo debe  primar a seguridade do alumnado, das súas familias e do profesorado da EMMA”.

Dende a Concellaría de Cultura tamén se informa de que proximamente se vai abrir un prazo de inscrición para alumnado novo que queira iniciar estudos na Escola de Música. Respecto de dito prazo, informase na web municipal e nas redes socias do Concello de Ames con suficiente antelación.

Novas relacionadas:

Compostela 24 Horas: "Aprázase ata o 1 de outubro o comezo das clases na Escola Municipal de Música de Ames"

El Correo Gallego: "Aplazan las clases en la Escola de Música hasta el 1 de octubre en Ames"

Imaxe de arquivo dunha actuación da EMMA