Pestanas principais

A Escola Municipal de Música de Ames despide hoxe o curso 2019-2020 cun concerto online

Venres, 19 de xuño de 2020

Este venres, 19 de xuño, remata o curso 2019-2020 na Escola Municipal de Música de Ames. Para conmemoralo, está programado un concerto online na canle de Youtube do Concello de Ames. Será a partir das 19.00 horas, e contará coas actuacións dos diferentes grupos que conforman a Escola. Os vídeos das actuacións iranse subindo de maneira progresiva ata as 19.45 horas.

A Escola Municipal de Música de Ames veu suspendidas as súas clases cando se declarou o estado de alarma. Aínda así, isto non foi impedimento para que a música seguira soando, e durante estes meses de confinamento, adoptou a súa formación a esta situación extraordinaria.

Deste xeito, o persoal docente da EMMA adaptouse á nova realidade realizando clases por videoconferencia, e así, seguir practicando algunhas pezas cas súas alumnas e alumnos. Ademais, enviáronse tarefas e materiais ao alumnado a través da aplicación TokApp.

Pasados estes meses, toca poñerlle fin ao curso 2019-2020 cun concerto de fin de curso. Ao non poder celebrarse de maneira presencial pola situación provocada pola Covid-19, as mestras e mestres da EMMA elaboraron uns vídeos das especialidades instrumentais/vocais que se ofertan na escola, e celebrar así, o fin deste curso tan excepcional.

O concerto online desenvolverase hoxe, venres 19 de xuño, a partir das 19.00 horas. Será a través da canle de Youtube do Concello de Ames e hai programadas actuacións como “Getting lattin”, “Son do ar”, “Hallelujah” de Leonard Cohen, “Shake it off” de Taylor Swift, “Happy” de Pharrel Williams, “Memories” de Maroon 5 ou a BSO de Piratas del Caribe.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Las escuelas de música de Ames y Rois dicen adiós al curso con conciertos virtuales"

Concerto online da EMMA

Multimedia

  • Concerto online da EMMA
  • Concerto online da EMMA