Actualidade

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Xestión do Medio Natural, avanza na implantación das comunidades enerxéticas en Ames. Para iso vén de contratarse o servizo da asistencia técnica para a contratación dun servizo destinado a apoiar ao Concello de Ames e as Comunidades Enerxéticas de Ames na execución do seu primeiro proxecto de autoconsumo colectivo. O obxectivo é dispor de asesoramento técnico no proceso de instalación de plantas fotovoltaicas e na xestión cos diferentes comercializadoras de electricidade. Ademais, creouse a páxina web Ames Enerxia para proporcionar información e axudar a veciñanza que estes interesada en participar en dita comunidade enerxética.

O Concello de Ames, en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a entidade Sustinea sostibilidade e cambio social, acolle o “Obradoiro de Botiquín natural para o Inverno”. Unha iniciativa enfocada en recuperar coñecementos tradicionais sobre as plantas e os seus múltiplos usos medicinais, principalmente coa chegada do inverno e as súas conseguintes afeccións estacionais. O obradoiro celebrarase o próximo sábado, 20 de decembro, de 10.30 a 13.00 horas nas instalacións da Aula da Natureza, na aldea de Quintáns, na Ameixenda.

Trasmonte acolleu durante esta pasada fin de semana unha nova edición da Feira do Monte “Tanto Monte, Monte Tanto”, que segundo a organización saldouse cun balance moi satisfactorio, xa que se superaron as expectativas iniciais en canto á participación de público e ás vendas dos expositores. O persoal das empresas participantes nesta edición manifestaron o desexo de seguir participando nesta feira de cara á próxima edición. Para 2026 o obxectivo é ampliar o espazo da carpa para poder acoller máis expositores e ampliar a duración do evento a dúas xornadas completas, finalizando a feira o domingo pola tarde-noite. Premendo nesta ligazón podes acceder á galería de imaxes da V Feira do Monte.

Esta mañá comezou unha nova edición da Feira do Monte, no campo da festa de Trasmonte, que se vai a celebrar ao longo da xornada deste sábado 15 e o domingo 16 ata as 15.00 horas. O obxectivo é poñer en valor o monte galego e recuperar os oficios ligados ao monte a través dun escaparate excepcional dos oficios e dos produtos vinculados ao monte. Nesta edición cóntase con 22 expositores de diversas localidades de Galicia, 4 exhibicións permanentes, 3 obradoiros e diversas degustacións gastronómicas. Hai carpa polo que a choiva non é un impedimento para poder asistir e poder participar nas actividades programadas. Durante as dúas xornadas non faltarán as tradicionais castañas asadas e maila música tradicional. Cóntase con servizo de polbería para comer racións de polbo, carne ao caldeiro, churrasco e bica. Premendo nesta ligazón pódese consultar o programa completo da feira.

O Concello de Ames vai celebrar os días 15 e 16 de novembro, no campo da festa da parroquia de Trasmonte, a quinta edición da Feira do Monte “Tanto Monte, Monte Tanto”. O obxectivo é poñer en valor o monte galego e recuperar os oficios ligados ao monte a través dun escaparate excepcional dos oficios e dos produtos vinculados ao monte. Neste edición contarase con 22 expositores de diversas localidades de Galicia, 4 exhibicións permanentes, 3 obradoiros e diversas degustacións gastronómicas. Haberá unha carpa para estar a cuberto e poder participar nas actividades programadas. Durante as dúas xornadas non faltarán as tradicionais castañas asadas e maila música tradicional. Contarase con servizo de polbería para comer (racións de polbo, carne ao caldeiro, churrasco e bica). Premendo nesta ligazón pódese consultar o programa completo da feira.

O Concello de Ames vai celebrar os días 15 e 16 de novembro, no campo da festa da parroquia de Trasmonte, a quinta edición da Feira do Monte “Tanto Monte, Monte Tanto”. O obxectivo é poñer en valor o monte galego e recuperar os oficios ligados ao monte a través dun escaparate excepcional dos oficios e dos produtos vinculados ao monte. Neste edición contarase con 22 expositores de diversas localidades de Galicia, 4 exhibicións permanentes, 3 obradoiros e diversas degustacións gastronómicas. Haberá unha carpa para estar a cuberto e poder participar nas actividades programadas. Durante as dúas xornadas non faltarán as tradicionais castañas asadas e maila música tradicional. Contarase con servizo de polbería para comer (racións de polbo, carne ao caldeiro, churrasco e bica). Premendo nesta ligazón pódese consultar o programa completo da feira.

O Concello de Ames informa que, tras diversas inspeccións realizadas pola Policía Local debido á alarma social xerada nas redes sociais pola posible presenza de veleno ou cebos sospeitosos no paseo fluvial de Bertamiráns, non se atopou evidencia algunha deste feito.

O Concello de Ames presentou esta mañá a quinta edición da Feira do Monte “Tanto Monte, Monte Tanto”, que se celebrará os días 15 e 16 de novembro no campo da festa da parroquia de Trasmonte, co obxectivo de poñer en valor o monte galego e recuperar os oficios ligados ao monte. Será un escaparate excepcional dos oficios e dos produtos vinculados ao monte. Na actualidade xa se conta con 24 expositores confirmados e estase pendente de que se poida sumar algún máis. Haberá unha carpa para estar a cuberto e poder participar nas actividades programadas. Así mesmo, durante toda a xornada non faltarán as degustacións e maila música tradicional. Haberá servizo de polbería para comer (polbo, churrasco e doces).

Técnicos da empresa pública Acuaes desprazáronse hoxe ao Concello de Ames para ofrecer información sobre o recente vertido ao río Sar, provocado polas obras de ampliación da EDAR da Silvouta. Durante a visita mantiveron unha reunión co alcalde, Blas García, cos concelleiros de Obras e Medio Ambiente, Gustavo Nieto e Javier Antelo, e con técnicos de Augas de Ames.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o expediente de contratación dos servizos de recollida de animais domésticos abandonados, lacería e xestión de colonias felinas. Este proceso de licitación realízase mediante un procedemento aberto con varios criterios de adxudicación e tramitación anticipada. O orzamento base de licitación ascende a 331.594,80 euros, máis 69.634,91 euros de IVE, que suma un importe total 401.229,71 euros. Este novo contrato contemplará campañas de concienciación nos colexios e institutos de Ames, así como un plan que se irá realizando de xeito progresivo en todo o concello sobre a xestión das colonias felinas.
- ‹ anterior
- 3 de 29
- seguinte ›




