Actualidade

Ex., 09-06-2025
Ex., 09-06-2025
Luns, 10 de febreiro de 2025
Aberta a inscrición para o obradoiro “Día de Rosalía: crea e debuxa!” da Biblioteca municipal de Ames

A Biblioteca municipal de Ames, que xa presentou a súa programación de contacontos, continúa tamén cos obradoiros adicados á rapazada que cursa de 3º de primaria en diante. No mes de febreiro, como non podía ser doutra maneira, o obradoiro conmemora o Día de Rosalía, que se celebra o 23 de febreiro. O prazo de inscrición para participar no obradoiro “Día de Rosalía: crea e debuxa!” estará aberto do 10 ao 18 de febreiro. Durante o ano 2024 participaron 230 rapaces e rapazas nos obradoiros organizados nas bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro.

Martes, 04 de febreiro de 2025
Hoxe retómanse as sesións de contacontos para os máis pequenos nas bibliotecas municipais

Na tarde deste martes, 4 de febreiro, ás 17.30 horas e na biblioteca municipal de Bertamiráns, darán comezo as sesións de contacontos programadas para estes primeiros meses de 2025. A actividade, organizada polo departamento de Bibliotecas do Concello de Ames, está orientada para crianzas de 3 a 8 anos e ten como obxectivo fomentar o hábito da lectura entre os máis pequenos. Estas sesións, como vén sendo habitual, desenvolveranse nas bibliotecas do Milladoiro e Bertamiráns.

Martes, 28 de xaneiro de 2025
O Concello de Ames habilita un sala de estudo no Milladoiro que estará aberta as 24 horas do día

O Concello de Ames está executando obras na Biblioteca municipal do Milladoiro co obxectivo de separar a aula de estudo do espazo de biblioteca. Deste xeito, poderase empregar a sala de estudo as 24 horas do día, en horario ininterrompido, todos os días da semana (incluído os sábados e domingos). O acceso a sala de estudo 24/7 deberá realizarse mediante lector de código QR. As obras están sendo executadas pola empresa Construcciones Iglesias Mera e teñen un custe de 15.464 euros. A sala de estudo estará pechada temporalmente durante uns días, pero o espazo da biblioteca segue funcionando con normalidade.

Luns, 20 de xaneiro de 2025
Continúa a programación dos Encontros Literarios coa presentación de “Runrún” de Ana Varela Miño

Este vindeiro xoves, 23 de xaneiro, retómase a programación dos Encontros Literarios, desta volta coa presentación de “Runrún” de Ana Varela Miño. Como vén sendo habitual, o encontro será no Pazo da Peregrina, ás 20.00 horas, e a entrada será libre ata completar aforo. Estará acompañada pola filóloga Elisa Nieves Barreiro (@delibrosalibres).

Domingo, 19 de xaneiro de 2025
As bibliotecas municipais presentan a súa programación de contacontos para o primeiro semestre do ano

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames, dependente da Concellería de Cultura, Turismo, Axenda Urbana e Comunicación, presenta a súa programación de contacontos para os primeiros meses do ano e que, como vén sendo habitual, traerá ata as bibliotecas do Milladoiro e Bertamiráns as mellores historias para que os máis cativos de Ames poidan gozar da lectura.

Martes, 17 de decembro de 2024
Mónica Prego presenta “A carón do lume” dentro do programa de Encontros Literarios 2024-2025

Este mes de decembro retómase o programa “Encontros Literarios de Ames”, desta volta coa presentación de “A carón do lume”, a primeira obra da escritora Mónica Prego Franqueira. O encontro literario terá lugar este mércores, 18 de decembro, ás 20.00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, e marca o inicio da edición 2024-2025 deste programa. A entrada será libre ata completar aforo.

Venres, 29 de novembro de 2024
Comeza unha nova edición dos  Encontros Literarios coa presentación de “A carón do lume” de Mónica Prego

Este mes de decembro retómase o programa “Encontros Literarios de Ames”, desta volta coa presentación de “A carón do lume”, a primeira obra da escritora Mónica Prego Franqueira. O encontro literario terá lugar o mércores, 18 de decembro, ás 20.00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, e marca o inicio da edición 2024-2025 deste programa. A entrada será libre ata completar aforo.

Luns, 11 de novembro de 2024
As bibliotecas municipais reciben o mes de novembro cunha nova sesión de contacontos

As bibliotecas municipais inauguran esta semana a súa programación para o mes de novembro, que inclúe varias propostas de animación á lectura. A partir do 18 de novembro estará aberto o prazo para inscribirse nunha nova sesión de animación á lectura que ofrecen as bibliotecas municipais de Ames para a cativada. Nesta ocasión, trátase dun contacontos pensado para nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que terá lugar en tres quendas na biblioteca do Milladoiro. Para participar é necesario anotarse enviando un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal ou chamando ao número 981 530 807. As inscricións para as sesións do mes de novembro en Bertamiráns están pechadas. 

Luns, 07 de outubro de 2024
Volven ás bibliotecas municipais as sesións de contacontos para os máis pequenos

Dende hoxe, 7 de outubro, está aberto o prazo para inscribirse nunha nova sesión de animación á lectura que ofrecen as bibliotecas municipais de Ames para a cativada. Nesta ocasión, trátase dun contacontos pensado para nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que terá lugar en tres quendas na biblioteca do Milladoiro. Para participar é necesario anotarse enviando un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal ou chamando ao números 981 530 807. As inscricións para as sesións do mes de outubro en Bertamiráns están pechadas.

Venres, 13 de setembro de 2024
As bibliotecas de Ames presentan a súa programación para o público infantil do último trimestre

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames vén de anunciar a súa programación infantil para os meses de outubro, novembro e decembro, con obradoiros e sesións de narrativa oral que terán lugar tanto na biblioteca do Milladoiro como na de Bertamiráns. A programación comezará o vindeiro 27 de setembro, co obradoiro de cómic impartido por Santy Gutiérrez na Casa da Cultura do Milladoiro. A ilustración central do cartel xeral do curso 2024/2025 foi elaborada polo gañador da terceira categoría do concurso de debuxo infantil organizado polas bibliotecas con motivo do Día do Libro.