Pestanas principais

Óscar M. Guzmán presenta este xoves o seu libro “Pero… como morren as pegas?” nunha nova sesión dos Encontros Literarios

Luns, 03 de novembro de 2025

No mes de novembro continúan as sesións do programa de Encontros Literarios, que organiza o departamento das Bibliotecas municipais de Ames. Nesta ocasión, será a quenda de Óscar M. Guzmán, que estará a presentar a súa novela “Pero... como morren as pegas?” este xoves, 6 de novembro. O autor estará acompañado pola xornalista Nazareth López. Como vén sendo habitual, a presentación será no Pazo da Peregrina, ás 20.00 horas. A entrada será libre ata completar aforo.

O departamento de Bibliotecas municipais de Ames retomou as sesións do programa “Encontros Literarios”, unha das súas propostas con mellor acollida. Desta volta, Óscar M. Guzmán, estará a presentar “Pero... como morren as pegas?”, novela gañadora do premio literario Vilar Ponte 2023 do Concello de Viveiro. 

Sobre ‘Pero... como morren as pegas?’
Óscar M. Guzmán (Vilamarín, Ourense, 1970) é un escritor que publicou no 2021 a súa primeira novela, “Os segredos de Teresa”, unha obra na que inaugurou a saga do inspector Saladino Mariño. No pasado 2023 publicou a súa segunda novela,  “Pero... como morren as pegas?” coa que gañou o V Premio Literario Vilar Ponte do Concello de Viveiro e na que dá continuidade á narrativa do seu primeiro libro. 

Nesta segunda parte da saga, Saladino Mariño, inspector xefe da Policía Nacional, intentará resolver un novo caso. Nesta ocasión, a do asasinato dun magnate ourensán do transporte. Unha historia chea de intriga na que, a través da procura da verdade deste caso, levaranos a percorrer boa parte da provincia de Ourense e parte de Portugal. 

Sesións programadas para novembro e decembro
Para este mes de novembro está programa unha segunda sesión dos Encontros Literarios o vindeiro día 20, no que Marta Estévez presentará “La tercera orilla”.

Para decembro xa está programada unha sesión dos Encontros Literarios o vindeiro xoves día 4, no que Amada Traba, Priscila Retamozo e Chis Oliveira presentarán “Las trampas de la pornografía. La sexualidad que deseamos”, da editorial Los libros de la Catarata.

Novas relacionadas: 

La Voz de Galicia: "Presentación de libros de Óscar M. Guzmán y Atutxa Ordeñana"

Diario de Santiago: "Óscar M. Guzmán presenta este xoves o seu libro “Pero… como morren as pegas?” nunha nova sesión dos Encontros Literarios, en Ames"

Óscar M. Guzmán presenta este xoves o seu libro “Pero… como morren as pegas?” nunha nova sesión dos Encontros Literarios

Multimedia

  • Óscar M. Guzmán presenta este xoves o seu libro “Pero… como morren as pegas?” nunha nova sesión dos Encontros Literarios