- Tematica
Este xoves, 12 de xuño, chega unha nova sesión dos Encontros Literarios, nesta ocasión, coa presentación do primeiro libro de Nerea Cebreiro “Cada uno de mis latidos”. Ademais da autora desta obra, estará presente durante a xornada a profesora de lingua castelá do IES Rosalía de Castro de Santiago, Mónica Frecha. A sesión terá terá lugar ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Como vén sendo habitual, a entrada será libre ata completar aforo.
O departamento de Bibliotecas municipais de Ames, continúa coas presentacións do programa “Encontros Literarios, unha iniciativa que ten como obxectivo principal promover a literatura en galego, xunto con dar a coñecer novos escritores ou autores próximos.
“Cada uno de mis latidos” de Nerea Cebreiro
Nesta nova sesión do programa, a protagonista será Nerea Cebreiro coa súa primeira obra “Cada uno de mis latidos”. Nerea Cebreiro é unha moza de 18 anos natural de Santiago e que na actualidade reside no Milladoiro. Está a presentar o seu primeiro libro, escrito nos seus primeiros anos de adolescencia, baseado nas súas primeiras vivenzas e inquedanzas.
Na súa primeira obra, a autora fala de moitas cousas, fala de querer, de desquerer; fala de querer e de odiar, de quedarse e de marchar. Fala da adolescencia, dos primeiros amores e as primeiras decepciones, de rir e de chorar. Narra experiencias, sentimentos e buscar poder transmitir a través das palabras diferentes emocións.
Novas relacionadas:
Diario de Santiago: "Chega unha nova sesión dos Encontros Literarios en Ames coa presentación de “Cada uno de mis latidos” de Nerea Cebreiro"






