Pestanas principais

Péchanse os Seráns de Ames cun concerto de Mary Iglesias e co espazo Xogando Miudiño

Sábado, 30 de agosto de 2025

Este pasado xoves, 28 de agosto, celebrouse a derradeira sesión dos Seráns de Ames 2025, que desta volta levou á praia fluvial de Tapia unha proposta lúdica de xogos para a rapazada e unha actuación musical da man de Mary Iglesias. Deste xeito, péchase o programa dos Seráns de Ames que se desenvolveu durante seis xoves dos meses de xullo e agosto en Tapia, Ortoño, Covas, Trasmonte e Bugallido.

O concerto de Mary Iglesias puxo o punto e final ao programa dos Seráns de Ames deste ano. Durante os xoves de xullo e agosto os Seráns de Ames ofreceron propostas culturais para todos os públicos nas parroquias de Tapia, Ortoño, Covas, Trasmonte e Bugallido.

A última xornada dos Seráns de Ames combinou unha proposta lúdica como é o espazo “Xogando Miudiño”, que estivo dirixida á rapazada amesá e ás súas familias, e mailo concerto de Mary Iglesias. A través da actividade “Xogando Miudiño” os nenos e nenas puideron gozar e experimentar a través de xogos clásicos coma os zancos, aros, a ferradura ou o tiracroios. Deste xeito, os máis pequenos da casa probaron as súas habilidades ao tempo que exploraron novas posibilidades de xogo.

Por outra banda, houbo unha actuación musical a cargo de Mary Iglesias, unha artista profesional con formación en amplos xéneros de danza como clásica, jazz contemporáneo ou ballet. Ademais, Iglesias foi a gañadora do Canta con Ames na categoría xuvenil da edición de 2022. Mary Iglesias estivo acompañada da súa irmá Dora e dos músicos Rafa Pérez e Diego Rey. Ademais, o baixista dos  Heredeiros da Crus, Fran Velo, interpretou un tema con Mary Iglesias e o resto do grupo.

A iniciativa dos Seráns de Ames, que orixinalmente naceu no 2021 como os Seráns de Tapia ofrecendo só espectáculos na praia fluvial de Tapia, foi medrando e trasladándose a outras parroquias do rural, apostando por diversificar as propostas culturais de Ames a diferentes localizacións do concello. Nesta edición, houbo un total de seis propostas repartidas en cinco parroquias amesás.

Novas relacionadas: 

El Correo Gallego: "Mary Iglesias e xogos clásicos poñen o peche aos Seráns de Ames"

Diario de Santiago: "Péchanse os Seráns de Ames cun concerto de Mary Iglesias e co espazo Xogando Miudiño"

Péchanse os Seráns de Ames cun concerto de Mary Iglesias e co espazo Xogando Miudiño

Multimedia

  • Péchanse os Seráns de Ames cun concerto de Mary Iglesias e co espazo Xogando Miudiño