Actualidade

Ex., 12-09-2026
Ex., 12-09-2026
Luns, 06 de outubro de 2025
Ames renova a súa colaboración co programa galego de acollida temporal a mulleres defensoras de dereitos humanos Galicia Abriga

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, colabora por segundo ano consecutivo coa entidade Solidariedade Internacional de Galicia. O obxecto é colaborar na segunda edición do programa galego de acollida temporal a mulleres defensoras de dereitos humanos denominado Galicia Abriga. Trátase dun programa de acollida temporal para mulleres que defenden os dereitos humanos en países con presenza da cooperación galega. O pasado venres, 3 de outubro, a concelleira de Benestar Social, Uxía García, participou nunha xuntanza en Santiago de Compostela, na que participaron Milagro Alvarado, Juventina López e Ana Donis, que son as tres mulleres que participan este ano no programa Galicia Abriga.

Venres, 26 de setembro de 2025
Aberto o prazo de matrícula na Escola integral de maiores que se imparte no Milladoiro

O prazo de matrícula na Escola integral de maiores do Milladoiro, coordinada pola Oficina de Voluntariado de Ames e dependente da Concellaría de Benestar Social, xa está aberto. As persoas maiores de 60 anos que queiran participar nesta actividade deberán inscribirse chamando ao teléfono 662 377 044 ou acudir á Oficina de Voluntariado, na Casa da Cultura de Bertamiráns, de 10:00 a 13:00 horas. Nestas clases o alumnado adquirirá e repasará coñecementos como a lectura, a escritura ou as contas matemáticas básicas dun xeito dinámico. As clases comezarán o vindeiro venres, 3 de outubro, e rematarán a finais de xuño.

Venres, 19 de setembro de 2025
Aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos formativos en defensa persoal feminina

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Igualdade, organiza dous cursos formativo en defensa persoal feminina, que se van impartir o sábado, 27 de setembro, en Bertamiráns e no Milladoiro. Os cursos impartiranse pola mañá, de 10:00 a 14:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, e pola tarde, de 16:00 a 20:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Son dous cursos diferentes de catro horas cada un. Impartiranse primeiro pola mañá en Bertamiráns e despois pola tarde no Milladoiro. Dita formación estará impartida por Juan José Martínez de Método Mas e está dirixida a mulleres maiores de idade. Para participar hai que inscribirse chamando aos número de teléfono 981 89 09 64 / 981 53 59 41 das Unidades Municipais de Servizos Sociais de Bertamiráns ou do Milladoiro.

Mércores, 17 de setembro de 2025
Aberto o prazo de inscrición no programa de actividades acuáticas para persoas maiores “Sanauga”

Un ano máis, volve a Ames o programa de actividades acuáticas para as persoas maiores “Sanauga”, unha iniciativa da Concellaría de Benestar Social que está xestionada pola Oficina de Voluntariado (OVA). Estas actividades acuáticas impartiranse no centro deportivo da Telleira, en Bertamiráns, e están dirixidas a persoas maiores de 60 anos empadroadas en Ames. Os/as interesados/as poden inscribirse do 17 ao 24 de setembro, de 10.00 a 13.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Está previsto que as actividades comecen o vindeiro 1 de outubro.

Luns, 15 de setembro de 2025
Aberto o prazo de inscrición para as actividades programa Amessán 2025-2026

Dende a Concellaría de Benestar Social lembran que está aberto o prazo de inscrición para as actividades do programa Amessán 2025-2026. Este ano hai varios cambios no proceso de inscrición respecto da edición  anterior. Para inscribirse non é necesario presentar o volante de padrón. Unha vez rematado o período de inscrición e estean elaboradas as listaxes de usuarios/as inscritos/as comprobarase que as persoas inscritas estean empadroadas no concello de Ames, requisito necesario para poder participar no programa. Outro dos cambios é que as persoas que participen en grupos impartidos en locais sociais das parroquias, poderán facer a inscrición o primeiro día de clase (non é necesario que se inscriban antes do inicio das actividades). Pódese consultar a programación completa de Amessán para o curso 2025-2026 nesta ligazón.

Luns, 15 de setembro de 2025
Aberto o prazo para inscribirse no curso de esforzo de integración 2025

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Igualdade, organiza un curso de esforzo de integración dirixido principalmente a persoas en situación de irregularidade administrativa próximas a solicitar a súa regulación. Este informe é preceptivo en determinados casos de regularización de persoas inmigrantes (arraigo social, arraigo socio-formativo, etc.). O curso impartirase os sábados 20 e 27 de setembro e 4, 11 e 18 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. A solicitude farase por rexistro aportando o impreso de inscrición e mailo pasaporte.

Xoves, 11 de setembro de 2025
Comeza un novo curso do programa Amessán, que presenta unha ampla variedade de actividades para os vindeiros meses

Hoxe presentouse a programación de actividades de Amessán para o curso 2025-2026. Respecto á edición anterior, retómase o grupo na parroquia da Ameixenda. Así mesmo, a asociación Arcea-Adames e o local de JUPEMI no Milladoiro acollerán algunhas das actividades do programa. Ademais, no Milladoiro e en Bertamiráns impártense dúas novas actividades: calma e serenidade e canta troula. O programa Amessán inclúe unha ampla oferta de actividades saudables para maiores de 60 anos e persoas con diversidade funcional. Impártense un total de 13 actividades en 14 lugares diferentes. As distintas actividades e obradoiros impartiranse en Bertamiráns e no Milladoiro, así como nos locais sociais de Agrón, A Ameixenda, Trasmonte, Oca, Augapesada, Bugallido, A Tarroeira, Cruxeiras, Tapia, Piñeiro, Lens a na Asociación Arcea-Adames. As actividades comezarán o 1 de outubro. Pódese consultar a programación completa de Amessán para o curso 2025-2026 nesta ligazón

Sábado, 06 de setembro de 2025
O Concello organiza dous cursos formativos en defensa personal femenina

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Igualdade, organiza dous cursos formativo en defensa persoal feminina, que se van impartir o sábado, 27 de setembro, en Bertamiráns e no Milladoiro. Os cursos impartiranse pola mañá, de 10:00 a 14:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, e pola tarde, de 16:00 a 20:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Son dous cursos diferentes de catro horas cada un. Impartiranse primeiro pola mañá en Bertamiráns e despois pola tarde no Milladoiro. Dita formación estará impartida por Juan José Martínez de Método Mas e está dirixida a mulleres maiores de idade. Para participar hai que inscribirse chamando aos número de teléfono 981 89 09 64 / 981 53 59 41 das Unidades Municipais de Servizos Sociais de Bertamiráns ou do Milladoiro.

Xoves, 28 de agosto de 2025
O Concello de Ames recibe aos oito nenos e nenas saharauís que pasan o verán con familias amesás

Un ano máis, o Concello de Ames colabora co programa Vacacións en Paz, organizado pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS). A través desta iniciativa, que se vén desenvolvendo dende hai máis de vinte anos, familias galegas acollen durante os meses de xullo e agosto a nenos e nenas saharauís. Nesta edición, en Ames hai acollidos un total de 8 nenos e nenas, que están pasando o verán no municipio ata os días 5 e 6 de setembro que volverán ao Sáhara. Os 8 rapaces e rapazas (catro nenos e catro nenas) repiten experiencia, xa que estiveron en Ames na pasada edición. As familias participantes tamén repiten, excepto unha familia que é nova este ano e acolleu a unha nena (Duaa).

Mércores, 20 de agosto de 2025
O Concello de Ames colabora coa recollida solidaria de medicamentos e material sanitario que organiza a SOGAPS

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, colabora coa campaña de recollida de medicamentos e material sanitario para o pobo Saharaui que está a desenvolver a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. Os lugares de recollida son a oficina de Servizos Sociais do Milladoiro, en horario de mañá, e na Casa do Concello, en Bertamiráns. As doazóns poderanse facer ata este venres, día 22. No caso de colaborar dun donativo, pódese facer o ingreso no número de conta IBAN ES48 2080 5056 1130 4006 3331. Así mesmo, tamén se pode chamar ao número de teléfono  679 408 524 ou escribir ao enderezo electrónico sogaps.oficial@gmail.com para recibir máis información sobre a iniciativa.