- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, colabora coa campaña de recollida de medicamentos e material sanitario para o pobo Saharaui que está a desenvolver a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. Os lugares de recollida son a oficina de Servizos Sociais do Milladoiro, en horario de mañá, e na Casa do Concello, en Bertamiráns. As doazóns poderanse facer ata este venres, día 22. No caso de colaborar dun donativo, pódese facer o ingreso no número de conta IBAN ES48 2080 5056 1130 4006 3331. Así mesmo, tamén se pode chamar ao número de teléfono 679 408 524 ou escribir ao enderezo electrónico sogaps.oficial@gmail.com para recibir máis información sobre a iniciativa.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, colabora na campaña de recollida de medicamentos e material sanitario para o pobo saharaui que está a organizar a asociación SOGAPS.
Esta campaña vén motivada pola nova misión que realizará a comisión sanitaria da SOGAPS nos campamentos saharauis a comezos do mes de setembro, a primeira despois do verán. Realizarán consultas de medicina de familia, pediatría e xinecoloxía.
Nesta ocasión, precísanse de medicacións orais (ibuprofeno e paracetamol, amoxicilina, xarabes, antihistamínicos, etc), insulinas, test de embarazo e de ouriña, glucómetros e tiras, medicacións inxectables (anestesia local, antiinflamatorios, etc) e pomadas (corticoides e antibióticos, para queimaduras, gotas para os oídos, etc). Non se permite levar antidepresivos nin fármacos.
Por outra banda, tamén se poden realizar donativos na conta IBAN ES48 2080 5056 1130 4006 3331, engadindo no concepto ‘Comisión sanitaria’. Así mesmo, tamén se pode chamar ao número de teléfono 679 408 524 ou escribir ao enderezo electrónico sogaps.oficial@gmail.com para recibir máis información sobre a iniciativa.
Lugares de recollida en Ames
En Ames hai dous puntos de recollida de medicamentos e as doazóns poderán facerse ata este venres, 22 de agosto. Un deles, está situado na oficina de Servizos Sociais do Milladoiro, e poderanse depositar os materiais en horario de mañá. O outro punto de recollida é a Casa do Concello, en Bertamiráns, tamén en horario de mañá. No caso de realizar a doazón pola tarde, é preciso contactar coa delegada da comarca de Santiago da entidade, Esther Ybarra, a través do número de teléfono 609 764 945.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Ames colabora na recollida de medicamentos e material sanitario para axudar ao pobo saharaui"
Diario de Santiago: "O Concello de Ames colabora coa recollida solidaria de medicamentos e material sanitario que organiza a SOGAPS"






