Actualidade

Ex., 19-07-2026
Ex., 19-07-2026
Domingo, 29 de marzo de 2026
“Non perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño”, nova campaña de doazón de sangue en Ames

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns, 30 de marzo, no Milladoiro, na Travesía do Porto, ao carón do novo centro de saúde. O horario de atención será de 9.30 a 14.30 e de 15:30 a 21:00 horas. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) baixo o lema “Non perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño”, pretende sensibilizar á cidadanía galega da importancia de doar sangue xa que precísanse máis de 400 doazóns diarias nos hospitais galegos.

Martes, 24 de marzo de 2026
Quedan prazas dispoñibles para que a veciñanza de Ames se inscriba na excursión a Braga dos días 18 e 19 de abril

A Oficina de Voluntariado de Ames, dependente da Concellaría de Benestar Social, organiza unha excursión a Portugal para os días 18 e 19 de abril. Para esta actividade aínda quedan prazas dispoñibles e ábrese a toda a veciñanza que queira participar. Durante dúas xornadas visitarase a cidade de Braga, Bom Xesús, Vilanova de Cerveira e A Fortaleza. O custo da actividade é de 140 euros e inclúe desprazamento, seguro de viaxe, guías turísticos, hotel, almorzos, xantares e cea. Para participar nesta excursión hai que inscribirse previamente chamando aos número de teléfono 981 89 09 64 / 981 53 59 41 das Unidades Municipais de Servizos Sociais de Bertamiráns e do Milladoiro.

Mércores, 18 de marzo de 2026
A Oficina de Voluntariado organiza unha excursión a Braga para os días 18 e 19 de abril

A Oficina de Voluntariado de Ames, dependente da Concellaría de Benestar Social, organiza unha nova excursión a Portugal os días 18 e 19 de abril. A actividade está dirixida ás persoas que participan no programa Amessán. Durante dúas xornadas visitarase a cidade de Braga, Bom Xesús, Vilanova de Cerveira e A Fortaleza. A inscrición poderase tramitar de forma presencial este venres, 20 de marzo, de 12.00 a 14.00 horas, nas Casa da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Para máis información pódese chamar aos números de teléfono 662 377 044  ou 630 693 404. O custo da actividade é de 140 euros e inclúe desprazamento, seguro de viaxe, guías turísticos, hotel, almorzos, xantares e cea.

Luns, 16 de marzo de 2026
Mandatarias e concelleiras locais de Cabo Verde, Mozambique e Galicia consolidan a súa alianza pola igualdade

“Cando as mulleres participan plenamente na vida política, a democracia tórnase máis forte, as comunidades tórnanse máis xustas e o desenvolvemento tórnase máis sustentable”. Así culminaba a Declaración da Praia adoptada polas máis de 130 representantes municipais de África e Galicia que se reuniron no II Encontro Internacional de Mulleres Electas “As Elixidas” celebrado en Cabo Verde. A lectura do acordo puxo punto e seguido ao debate sobre o papel da muller no poder local, impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos (ANMCV). 

Luns, 16 de marzo de 2026
Aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos formativos en defensa persoal feminina do 21 de marzo

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Igualdade, organiza dous cursos formativo en defensa persoal feminina, que se van impartir o sábado, 21 de marzo, no Milladoiro e Bertamiráns. Os cursos impartiranse pola mañá, de 10:00 a 14:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, e pola tarde, de 16:00 a 20:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Son dous cursos diferentes de catro horas cada un. Impartiranse primeiro pola mañá no Milladoiro e despois pola tarde en Bertamiráns. Dita formación estará impartida por Juan José Martínez de Método Mas e está dirixida a mulleres maiores de idade.

Xoves, 12 de marzo de 2026
O Concello de Ames, representado en Cabo Verde no II Econtro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’

O Concello de Ames está presente no II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, que se está a celebrar esta semana en Cabo Verde. Deste xeito, a concelleira de Benestar Social, Uxía García viaxou ao país lusófono como parte da expedición do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, formado por unha ducia de municipios socios do proxecto, para intercambiar experiencias con homólogas africanas.

Luns, 09 de marzo de 2026
Ames participará os días 12 e 13 de marzo no II Encontro Internacional de Mulleres Electas “As Elixidas” en Cabo Verde

O Concello de Ames, a través da concelleira de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado, Uxía García, estará representado no II Encontro Internacional de Mulleres Electas “As Elixidas, que reunirá os días 12 e 13 de marzo a máis de 130 alcaldesas e concelleiras de Cabo Verde, Mozambique e Galicia co fin de fomentar a participación efectiva das mulleres no poder local e impulsar políticas municipais con perspectiva de xénero. Unha ducia de concellos galegos estarán representados nas xornadas que se celebrarán na cidade de Praia baixo o lema “Electas no local, unha voz global”, organizadas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a Asociación Nacional de Municipios de Cabo Verde (ANMCV).

Domingo, 22 de febreiro de 2026
A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 23 de febreiro no Milladoiro

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns, 23 de febreiro, no Milladoiro, na Travesía do Porto, ao carón do novo centro de saúde. O horario de atención será de 9.30 a 14.30 e de 15:30 a 21:00 horas. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) baixo o lema “Non perdas este bus, DOA SANGUE”, pretende sensibilizar á cidadanía galega da importancia de doar sangue xa que precísanse máis de 400 doazóns diarias nos hospitais galegos.

Sábado, 14 de febreiro de 2026
Ames acolle a XVIII Xornada de técnicos/as e voluntarios/as de Special Olympics Galicia

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu esta mañá a inauguración da décimo oitava edición da Xornada de técnicos/as e voluntarios/as, que organiza a entidade Special Olympics Galicia, coa colaboración do Concello de Ames e da Conselleira de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia. A xornada foi inaugurada pola directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, e o alcalde de Ames, Blas García. Con esta actividade comeza a tempada deportiva 2026 de Special Olympics Galicia, que durará ata decembro con competicións deportivas cada mes.

Xoves, 05 de febreiro de 2026
Chega ao Milladoiro a Oficina Móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas

O Concello de Ames acollerá o vindeiro 11 de febreiro a Oficina Móbil de Retorno “Benvidos a Galicia”, unha unidade destinada ás persoas emigrantes retornadas ao país con dificultades de acceso ás sedes da Oficina de Retorno, situadas nas principais cidades galegas. O aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro será o emprazamento desta iniciativa en horario de 09.00 a 14.00 horas. Preme nesta ligazón para consultar o folleto informativo sobre a Estratexia Galicia Retorna 2023-2026.