Pestanas principais

Chega ao Milladoiro a Oficina Móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas

Xoves, 05 de febreiro de 2026

O Concello de Ames acollerá o vindeiro 11 de febreiro a Oficina Móbil de Retorno “Benvidos a Galicia”, unha unidade destinada ás persoas emigrantes retornadas ao país con dificultades de acceso ás sedes da Oficina de Retorno, situadas nas principais cidades galegas. O aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro será o emprazamento desta iniciativa en horario de 09.00 a 14.00 horas. Preme nesta ligazón para consultar o folleto informativo sobre a Estratexia Galicia Retorna 2023-2026.

O obxectivo principal da Oficina Móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas é achegar as ferramentas precisas para a inclusión e integración das persoas nesta situación, así como resolver dúbidas sobre os distintos aspectos do regreso a Galicia e as necesidades asociadas ao proceso de retorno. 

O vindeiro 11 de febreiro, en horario de 09.00 a 14.00 horas, as persoas interesadas, poderán achegarse ao aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro para recibir un asesoramento personalizado e coñecer de primeira man os recursos e servizos dispoñibles para potenciar unha correcta reintegración social e laboral. 

Para todas aquelas persoas que non poidan acudir de forma presencial á unidade, a Xunta de Galicia ten información de interese dispoñible na web emigracion.xunta.gal, ademais do número de teléfono 900 102 380, habilitado para achegar orientación e respostas a calquera dúbida que as persoas nesta situación poidan formular. 

Novas relacionadas

AmesGO!: "O vindeiro día 11 a Oficina Móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas estará no Milladoiro"

Chega ao Milladoiro a Oficina Móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas

Multimedia

  • Chega ao Milladoiro a Oficina Móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas