- Tematica
A Oficina de Voluntariado de Ames, dependente da Concellaría de Benestar Social, organiza unha excursión a Portugal para os días 18 e 19 de abril. Para esta actividade aínda quedan prazas dispoñibles e ábrese a toda a veciñanza que queira participar. Durante dúas xornadas visitarase a cidade de Braga, Bom Xesús, Vilanova de Cerveira e A Fortaleza. O custo da actividade é de 140 euros e inclúe desprazamento, seguro de viaxe, guías turísticos, hotel, almorzos, xantares e cea. Para participar nesta excursión hai que inscribirse previamente chamando aos número de teléfono 981 89 09 64 / 981 53 59 41 das Unidades Municipais de Servizos Sociais de Bertamiráns e do Milladoiro.
O Concello de Ames, a través da Oficina de Voluntariado de Ames (OVA), dependente da Concellaría de Benestar Social, organiza unha viaxe á cidade portuguesa de Braga o sábado 18 e o domingo 19 de abril. Na excursión, visitarase a cidade de Braga, o santuario do Bom Xesús, Vilanova de Cerveira e a Fortaleza de Valença do Minho.
A viaxe completa ten un custo de 140 euros por persoa, e en dito importe inclúense os desprazamentos en autobús, o seguro de viaxe, os guías turísticos, o hotel de catro estrelas (con cuartos dobres), os almorzos, os xantares e a cea. Para facilitar o aboamento, poderase pagar en dous prazos: un 50% coa reserva da praza e outro 50% máis adiante.
A concelleira de Benestar Social e Voluntariado, Uxía García, explica que “esta actividade organizada pola Oficina de Voluntariado de Ames ábrese a toda a veciñanza que queira participar co obxectivo de completar as 50 prazas ofertadas. É unha boa opción para aquelas persoas e familias que queiran pasar unha fin de semana en Portugal visitando a cidade de Braga, Bom Xesús, Vilanova de Cerveira e A Fortaleza. Animo á veciñanza de Ames a que se inscriba nesta excursión ao país veciño”.
Inscrición e prazas
Esta actividade, que inicialmente estaba dirixida a usuarios/as do programa Amessán, ábrese a toda a veciñanza que queira participar. Haberá unha cota limitada de 50 prazas. Para participar nesta excursión hai que inscribirse previamente chamando aos número de teléfono 981 89 09 64 / 981 53 59 41 das Unidades Municipais de Servizos Sociais de Bertamiráns e do Milladoiro.






