Actualidade

No seu debut na competición nacional, a escola E-motion acadou uns resultados extraordinarios no Campionato de España de Fit Kid, celebrado en Blanes (Cataluña) entre o 30 de abril e o 3 de maio. En dito campionato logrou tres cuartas posicións e unha sexta posición, quedando ás portas do podio en varias ocasións.

A karateka amesá Olivia Parga acadou a pasada fin de semana a cuarta posición no Open internacional Daedo-Kmastery Illescas 2026, un prestixioso torneo no que participan os mellores karatekas de ata 18 países. A deportista do Milladoiro caeu eliminada na disputa do bronce logo de facer unha competición excelsa na que se impuxo con solvencia ás súas rivais da primeira e segunda ronda. O sábado, terá outra oportunidade na III xornada da Liga Galega en Maceda, Ourense.

O club Ames Atletismo vén de presentar unha nova edición do seu campus deportivo, que se celebrará en dúas quendas nos meses de xuño e setembro. O club seguirá adestrando tódalas disciplinas do atletismo dun xeito lúdico e adaptándose ás necesidades de cada atleta. Un ano máis, contará coa colaboración do Concello de Ames na cesión de instalacións deportivas e na promoción da programación deportiva.

A Escola de Karate Dokkodo de Ames vén de regresar do XLVIII Campionato de España Infantil, celebrado a pasada fin de semana no Palacio de los Deportes de Oviedo, cunha participación de alto nivel. Os cinco deportistas da escola amesá que formaron parte da expedición galega protagonizaron actuacións de gran calidade técnica ante os mellores karatekas do Estado

O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, vén de desenvolver a app Deportes Concello de Ames, un novo aplicativo para a inscrición nas actividades deportivas, a reserva dos distintos espazos deportivos (pistas de tenis, pádel...) e a tramitación dos distintos tipos de carné de acceso para as piscinas descubertas municipais. Actualmente, dita plataforma está dispoñible en versión online e na App Store e no Google Play, polo que ten versión para Android e iOS. Pódese acceder a través dos banners que están colocados na cabeceira e ao pé da páxina web municipal. Para dispor de máis información sobre o uso desta aplicación web, podes premer nesta ligazón.

Os dous equipos xuvenís do Milladoiro Sociedade Deportiva acadaron o título de Liga e o correspondente ascenso de categoría. O equipo xuvenil A acadou o ascenso á Liga Galega e consolídase como un dos referentes da categoría. Pola súa banda, o equipo xuvenil B proclamouse campión de Terceira, logrando así o salto á Segunda División, tras unha tempada marcada pola constancia, o traballo e o compromiso colectivo. Deste xeito, a canteira do Milladoiro SD segue medrando e demostrando que o traballo ben feito sempre ten recompensa.

O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, vén de desenvolver a app Deportes Concello de Ames, un novo aplicativo para a inscrición nas actividades deportivas, a reserva dos distintos espazos deportivos (pistas de tenis, pádel...) e a tramitación dos distintos tipos de carné de acceso para as piscinas descubertas municipais. Actualmente, dita plataforma dispón de versión online e en breve estará dispoñible na App Store e no Google Play, polo que terá versión para Android e iOS. Pódese acceder a través dos banners que están colocados na cabeceira e ao pé da páxina web municipal. Para dispor de máis información sobre o uso desta aplicación web, podes premer nesta ligazón.

Un grupo de 100 rapaces e rapazas que practican dende comezo de curso a modalidade de baloncesto dentro das Escolas deportivas municipais e no club Básquet Ames, acudiron o pasado domingo, 26 de abril, ao Multiusos Fontes do Sar para ver o partido entre o Monbus Obradoiro e o Movistar Estudiantes. Esta actividade enmárcase dentro do acordo subscrito entre o Concello de Ames, o Monbus Obradoiro e maila Fundación Obradoiro, para que o equipo filial se denomine Obradoiro Ames e dispute os seus encontros como local no pavillón municipal do Milladoiro.

O Club Baloncesto Ames converteuse esta pasada fin de semana no novo campión da 3ª División Sénior Masculina da zona de Santiago. O club amesán, que esta tempada cumpre vinte anos, impúxose na final da fase eliminatoria ao ADB Fontiñas, a quen gañou tanto no partido de ida como no de volta cunha vantaxe de 18 puntos. Con este logro, o conxunto dirixido por Daniel Fentes poderá seguir facendo historia acadando o primeiro ascenso do seu palmarés.

A Concellaría de Deportes, en colaboración con Xesta Natureza, organizou este domingo, 26 de abril, a quinta edición da carreira de orientación do Concello de Ames, que se desenvolveu na contorna do paseo fluvial e polas rúas e zonas verdes de Bertamiráns, desde as 11:00 horas. O evento, no que se inscribiron 400 participantes, contou con tres categorías de menor a maior dificultade (Xestiñas, Xestas e Xesteiras), nas que puideron participar deportistas de todos os niveis e idades. Premendo nesta ligazón pódese consultar as clasificacións da carreira por categoría.
- ‹ anterior
- 4 de 73
- seguinte ›




