Pestanas principais

A karateka Olivia Parga consegue un valioso cuarto posto en Illescas

Xoves, 21 de maio de 2026

A karateka amesá Olivia Parga acadou a pasada fin de semana a cuarta posición no Open internacional Daedo-Kmastery Illescas 2026, un prestixioso torneo no que participan os mellores karatekas de ata 18 países. A deportista do Milladoiro caeu eliminada na disputa do bronce logo de facer unha competición excelsa na que se impuxo con solvencia ás súas rivais da primeira e segunda ronda. O sábado, terá outra oportunidade na III xornada da Liga Galega en Maceda, Ourense.

A xove karateka do Milladoiro, Olivia Parga, regresou da súa participación no Open internacional Daedo-Kmastery Illescas 2026 cunha cuarta posición logo de caer eliminada na loita polo bronce por 4-2. Non obstante, os resultados foron positivos para a deportista amesá, quen venceu ás súas rivais por 5-0 na primeira ronda e por 6-1 na segunda. 

Esta competición reúne cada ano aos mellores karatekas españois e internacionais, xuntando a deportistas dun total de 18 países, converténdoo nun torneo de prestixio internacional. Deste xeito, a participación de Olivia Parga serve para preparar futuras competicións e seguir medrando como deportista, enfrontándose sempre a grandes rivais que lle axudan a mellorar. 

De feito, a vindeira semana, Parga desprazarase ata a localidade ourensá de Maceda para disputar a terceira xornada da Liga Galega, que lle pode servir para dar un paso xigante na busca do Grand Winner Galega, que se celebrará o vindeiro mes de xuño en Cedeira, e que coroará aos e ás mellores karatekas de toda Galicia. 

A karateka Olivia Parga consegue un valioso cuarto posto en Illescas

Multimedia

  • A karateka Olivia Parga consegue un valioso cuarto posto en Illescas
  • A karateka Olivia Parga consegue un valioso cuarto posto en Illescas
  • A karateka Olivia Parga consegue un valioso cuarto posto en Illescas