Solapas principales

O próximo luns, 29 de xuño, abre o prazo de matrícula nas escolas infantís municipais de Ames

Jueves, 25 de junio de 2020

A Concellaría de Educación informa da apertura o próximo luns, 29 de xuño, do prazo de matrícula para o curso 2020-2021 nas escolas infantís de titularidade municipal. O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o 13 de xullo. As listas de nenos/as admitidos/as e mailas listas de agarda poden consultarse ao pé desta nova e na sección de Avisos. A documentación entregarase nas dependencias das propias escolas en horario de 9:00 a 14:00 horas. É necesario sacar cita previa para realizar o trámite de matrícula. Para obter cita previa na EIM A Madalena hai que chamar ao número de teléfono 981 53 84 33 ou enviar un correo electrónico a eiamadalena@concellodeames.gal, mentres que para dispor de cita previa na EIM O Bosque hai que chamar ao número de teléfono 682 497 369 ou enviar un correo electrónico a eibertamirans@concellodeames.gal.

Son susceptibles de matricularse os nenos e nenas que teñan entre tres meses e tres anos. A documentación que hai que cubrir para tramitar a matrícula pódese descargar ao pé desta nova e na sección de trámites da web municipal ou recollela nas escolas infantís municipais, en horario de 9:00 a 14:00 horas. A documentación de matrícula deberá entregarse nas propias escolas, no horario de 9:00 a 14:00 horas, sacando cita previa.

Para calquera trámite será preciso solicitar cita previa nos teléfonos 981 538 433 (EIM A Madalena) e 682 497 369 (EIM O Bosque). Para obter cita previa tamén se pode enviar un correo electrónico a eiamadalena@concellodeames.gal / eibertamirans@concellodeames.gal.

Debido á situación de alarma sanitaria, cumprirase estritamente o horario de cada cita, sendo estas individuais, non podendo acudir en ningún caso acompañados/as. Asemade, deberase ir provisto de máscara e gardaranse as distancias de seguridade. Haberá que agardar fóra ata que o persoal da escola facilite a entrada e levarase toda a documentación cuberta, xa que non se facilitará ningún obxecto de escritura.

O prazo de matrícula permanecerá aberto dende o 29 de xuño ata o 13 de xullo. As listas de nenos/as admitidos/as e mailas listas de agarda poden consultarse ao pé desta nova. Unha vez aceptada a solicitude, os/as nenos/as admitidos/as na escola presentarán seis fotografías tamaño carné, a fotocopia do libro de vacinas, a fotocopia da tarxeta sanitaria e un informe médico.

Reunión informativa
Unha vez formalizada a matrícula, as familias que o desexen poderán acudir a unha reunión na propia escola, co fin de presentarlles ao persoal que vai traballar cos nenos/as matrículados e para resolver dúbidas.

Para máis información, os interesados ou interesadas poden dirixirse aos propios centros: a EIM O Bosque situada no número 28 da avenida da Peregrina, en Bertamiráns; e a EIM A Madalena situada no número 16 da praza da Madalena, no Milladoiro. Tamén se pode chamar aos números de teléfono 682 497 369 (EIM O Bosque) e 981 538 433 (EIM A Madalena) ou utilizar os enderezos electrónicos eibertamirans@concellodeames.gal e eiamadalena@concellodeames.gal.

>>ACCEDE AO TRÁMITE DE INSCRICIÓN NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS

Imaxe da escola infantil municipal O Bosque