Solapas principales

Inscríbete e participa no obradoiro de conservas tradicionais de froitas e hortalizas organizado pola Aula da Natureza

Lunes, 19 de septiembre de 2022

A Aula da Natureza vén de presentar a programación de actividades para este outono. A primeira actividade será os días 24 e 25 de setembro nas instalacións da Aula, no lugar de Quintáns, pertencente á parroquia da Ameixenda. Deste xeito, para esta fin de semana organízase un obradoiro para aprender a facer conservas tradicionais de froitas e hortalizas. O prazo para inscribirse nesta actividade estará aberto ata o venres 23 de setembro, ás 14.00 horas. Para inscribirse nesta actividade hai que enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

A programación de outono da Aula da Natureza comeza os días 24 e 25 de setembro cun obradoiro para aprender a facer conservas tradicionais de froitas e hortalizas. Haberá tres sesións: sábado pola mañá de 10.30 a 13.30 horas; sábado pola tarde de 16.00 a 19.00 horas; e mailo domingo pola mañá, 10.30 a 13.30 horas. As persoas que queiran comer na Aula da Natureza o sábado poden levar comida da casa e quedar alí á hora de xantar.

Esta actividade realizarase nas instalacións da Aula da Natureza. Haberá servizo de autobús para achegarse ata este lugar que sairá dende a Casa da Cultura do Milladoiro e dende o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Ofértanse 15 prazas para sta actividade. O prazo de inscrición está aberto dende o 16 ao 23 de setembro. Para participar é preciso inscribirse previamente enviando a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

Segundo explicou a técnica responsable da Aula da Natureza, Patricia Reboreda, na presentación da programación de outono “estamos nun momento do ano con moitos excedentes de comida como son mazás, tomates, castañas, marmelo... e este é un xeito de animar á veciñanza a que aproveiten os excedentes destes produtos. Veremos tanto a base teórica da conservación de alimentos como a parte práctica elaborando conservas de salsa de tomate, pementos, doce de mazá, etc”.

A programación de outono da Aula da Natureza continuará ao longo dos meses de setembro, outubro e novembro coa limpeza simultánea de ríos promovida por ADEGA en toda Galicia, acampadas na Aula da Natureza, saídas para recoller cogomelos, un obradoiro de tecido natural, a segunda edición da feira do monte “Tanto monte, monta tanto”, outro obradoiro de anacos de bosque: xoias con materias do monte, e unha observación dende o monte de San Marcos do ceo de inverno.

Cómpre destacar que para inscribirse nas actividades de dita programación haberá un prazo de inscrición específico para cada unha delas. O período de inscrición abrirá 10 días antes aproximadamente da realización de cada actividade. Para inscribirse nestas actividades hai que enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

Inscríbete e participa no obradoiro de conservas tradicionais de froitas e hortalizas organizado pola Aula da Natureza

Multimedia

  • Inscríbete e participa no obradoiro de conservas tradicionais de froitas e hortalizas organizado pola Aula da Natureza
  • Programación ao completo da Aula da Natureza