Solapas principales

Inscríbete e participa na andaina polas dunas de Corrubedo do día 17 de outubro

Miércoles, 07 de octubre de 2020

O Departamento de Promoción da Saúde organiza unha andaina con marcha nórdica polas praias e dunas de Corrubedo para o sábado 17 de outubro. Trátase dunha actividade que organiza o departamento de Promoción da Saúde, dependente da Concellería de Benestar Social, e que se enmarca no programa "Activa o teu Outono". A ruta circular ten 12,5 quilómetros, cunha dificultade media - alta pola súa lonxitude. Porase a disposición da veciñanza un servizo de autobús gratuíto, que sairá dende O Milladoiro e Bertamiráns. Ofértanse 50 prazas. Premendo nesta ligazón podes realizar a inscrición. O prazo estará aberto ata o 15 de outubro ás 23:59 horas.

O Concello de Ames, a través do departamento de Promoción da Saúde, organiza para este mes de outubro unha andaina circular polas praias e dunas de Corrubedo, en Santa Uxía de Ribeira, que se desenvolverá o sábado 17 de outubro. Esta actividade pertence ao programa “Activa o teu outono”, que ofrece unha serie de andainas saudables.

Os participantes visitarán a parroquia de Corrubedo e recorrerán as praias de Balieiros, Prado e Ladeira, así como a Gran Duna e a Lagoa de Carregal, con gran valor ambiental e paisaxístico a par que poderán, aqueles que así o desexen, seguir practicando marcha nórdica e desfrutar dos beneficios que aporta a nosa saúde.

A idade mínima para participar nesta actividade é de 12 anos. Aqueles participantes que sexan menores de idade terán que ir acompañados dun adulto.

Para realizar o desprazamento ata Corrubedo, ofrécese servizo de autobús de balde para os participantes: Establecéronse dúas paradas; ás 8.30 horas na praza do Concello, en Bertamiráns, e ás 8.45 horas diante da Casa da Cultura do Milladoiro. Os/as participantes deberán presentarse nos puntos de saída 5 minutos antes da hora de saída do autobús. Unha vez rematada a andaina, haberá servizo de autobús de volta.

A andaina polas dunas de Corrubedo ten 12,54 quilómetros de percorrido circular, cunha dificultade media - alta pola súa lonxitude. Os/as participantes terán a oportunidade de gozar de paraxes de singular beleza paisaxística. Polo tanto, recórdase a importancia de respectar o medio no que se desenvolve a andaina e manter limpo o entorno da mesma.

O/as participantes deberán levar roupa e calzado cómodos e axeitados ás condicións meteorolóxicas do día da realización, así como elementos hidratantes. Por mor da situación provocada pola Covid-19, será obrigatorio o uso da máscara en todo momento e a distancia interpersoal

Tramitación das inscricións
Para participar desta andaina é preciso inscribirse nunha das 50 prazas ofertadas. Premendo nesta ligazón podes realizar a inscrición. O prazo estará aberto ata o 15 de outubro ás 23:59 horas. Para máis información, pódese chamar ao número de teléfono 649 450 264 ou enviar un correo electrónico ao enderezo promociondasaude@concellodeames.gal.

Cartel andaina saudable dunas de Corrubedo.

Multimedia

  • Cartel andaina saudable dunas de Corrubedo.