- Tematica
A Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, a través da Aula da Natureza, organiza un curso avanzado de cestería durante seis sábados dos meses de febreiro e marzo. Esta actividade será impartida polo artesán Luís do Río Pena nas instalacións da Aula da Natureza (lugar de Quintáns, na parroquia da Ameixenda) e na contorna do río Sar para a recollida de material vexetal. Ofértanse 10 prazas para este curso que se vai impartir os sábados 7, 14, 21 e 28 de febreiro e 7 e 14 de marzo, en horario de 10.00 a 14.00 horas. Para participar é necesario inscribirse previamente enviando o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. As inscrición poden tramitarse do 28 de xaneiro ata o 5 de febreiro.
A Aula da Natureza abre o ano 2026 cunha nova actividade. Desta volta trátase dun curso avanzado de cestería de vergas, que se vai impartir durante seis sábados dos meses de febreiro e marzo. Deste xeito, haberá seis sesións de 4 horas de duración cada unha os días 7, 14, 21 e 28 de febreiro e 7 e 14 de marzo, en horario de 10.00 a 14.00 horas.
Esta actividade será impartida polo artesán Luís do Río Pena nas instalacións da Aula da Natureza (lugar de Quintáns, na parroquia da Ameixenda) e na contorna do río Sar para a recollida de material vexetal.
Contidos do curso
1.- Cestería básica de láminas con casca de eucalipto: 7 de febreiro.
2.- Selección e recollida de material vexetal: 14 de febreiro.
3.- Laminado e labrado de madeira: 21 de febreiro.
4.- Labrado e tecido – primeira parte: 28 febreiro.
5.- Labrado e tecido – segunda parte: 7 marzo.
6.- Remates e acabado: 14 de marzo.
Esta actividades está dirixida a persoas adultas que queiran coñecer a técnica artesá de elaboración de cestos. Para esta actividade hai 10 prazas dispoñibles e hai que inscribirse previamente enviando o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. As inscrición poden tramitarse do 28 de xaneiro ata o 5 de febreiro. A asignación de prazas se realzará por rigoroso orden de chegada.






