Solapas principales

>Contos con xeito

Miércoles, 30 septiembre, 2026
Ás 17.30 horas

Nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro as familias poderán gozar dun feixe de actividades lúdicas e participativas que lles achegarán recursos para unha crianza positiva, natural e creativa. Neste programa inclúense propostas do departamento de Normalización Lingüística e dos departamentos de Cultura e Bibliotecas. O programa comeza o mércores, 2 de setembro, na Carballeira dos Trasnos de Ventín, coas “Brincadeiras miúdas”, de Miudiño e Cé Orquestra Pantasma.

Deste xeito, o programa inclúe a artistas e compañías como Paco Nogueiras, Migallas Teatro, Cris de Caldas, Miguel Froján, Raquel Queizás, Brais das Hortas, Iseo a Moura, Fundación Legar, A Cova das Letras, Sonsoles Penadique, Chechu Riquelme e A Banda da Montaña. Todos e todas elas ofreceranlles ás familias moitas risas, música, baile e moitas aprendizaxes e experiencias novas a través dunha crianza positiva en galego.

Contos con xeito será unha sesión de divertidas historias tradicionais cun chisco de medo e moita risa, nesta proposta chea de humor, ritmo e fantasía. Unha sesión de contos para celebrar a palabra, a creatividade e o e o gusto pola lectura, ademais de homenaxear as mulleres contadoras de Galicia.