Solapas principales

Avisos e novas do Concello de Ames, 26 de decembro de 2024

NOVAS

Este xoves, día 26, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de decembro. Na sesión plenaria, a Corporación municipal de ...

O Concello de Ames fai público o seu malestar coa xerencia da área sanitaria de Santiago, tras numerosos intentos de manter contacto dende fai unha semana. Ás graves deficiencias da infraestrutura sanitaria do centro de saúde de Bertamiráns súmanse agora a falta pediatras, feito que, xunto ...

As/os usuarias/os dos obradoiros de música tradicional galega e musicoterapia, do programa Amessán, xunto coa concelleira de Benestar Social, Uxía García, visitaron a semana pasada a residencia Maiores Milladoiro, que abriu as súas portas no pasado mes de setembro, na Travesía da Moa. Trato ...

O pasado 14 de decembro comezou o prazo para descargar e empregar as tarxetas de desconto “Bonos Consuma”. Ata este luns, 23 de decembro, descargáronse máis de 2.892 bonos e consumiuse máis do 75% do orzamento destinado a esta iniciativa, superando moi amplamente as cifras do ano pasado. A ...

A localidade de Bertamiráns acolleu este domingo, 22 de decembro, unha nova edición da tradicional Carreira Ciclista do Pavo. Tomás Pombo quedou en primeira posición, seguido de Juan José Bodelo e Xoel Blanco, que quedaron en segunda e terceira posición respectivamente. Nesta proba particip ...

O Concello de Ames, a través do departamento de Xuventude, organiza unha nova edición do curso de monitor de tempo libre que, desta volta, terá unha duración de catro meses e desenvolverase entre os meses de febreiro e maio. As clases impartiranse no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, en hor ...

AVISOS

O Concello de Ames traballa na organización das Cabalgatas de Reis, que se celebran o domingo 5 de xaneiro nas localidades do Milladoiro e Bertamiráns. Para participar en ditas Cabalgatas abriuse un prazo de inscrición, que rematou o 22 de decembro, co obxectivo de que as nenas e nenos do concell ...
Premendo nos enlaces que están ao pé deste aviso pódense obter os menús do Nadal Lúdico 2024 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.