Solapas principales

Pleno Ordinario

Jueves, 2 septiembre, 2021
20.30 h

ORDE DO DÍA:
A) PARA DAR CONTA:
Punto primeiro. Dar conta ao pleno da corporación dos decretos ditados pola Alcaldía dende a
última sesión plenaria ordinaria.
Punto segundo. Dación de conta da información periódica a render ao pleno, correspondente
ao 2º trimestre do exercicio 2021.
1º Execución do orzamento ao remate do 2º trimestre 2021, en execución do acordo plenario
de data 22.11.2018.
2º Período medio de pago, de acordo co previsto no Real decreto 635/2014, do 25 de xullo.
3º Información trimestral de morosidade.
B) PARA DELIBERACIÓN E ACORDO:
Punto terceiro. Aprobación, se procede, de actas anteriores (acta da sesión ordinaria do
29.07.2021).
Punto cuarto. Fixación dos festivos locais para o ano 2022.
Punto quinto. Aprobación provisional da ordenanza fiscal número 3.B.3, reguladora da taxa por
ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras, tribunas, taboados e outros
elementos análogos, con finalidade lucrativa vinculados á actividade comercial.

Punto sexto. Autorización incremento da cantidade global destinada á asignación de
gratificacións, horas extras e horas complementarias no orzamento 2021.
Punto sétimo. Aprobación expediente de licitación do servizo de monitoraxe dos programas
municipais de conciliación da vida laboral e familiar (Comedores escolares, Bos días cole e
Tardes divertidas) do Concello de Ames. Procedemento aberto regulación harmonizada varios
criterios de adxudicación e tramitación anticipada.
Punto oitavo. Encomenda de xestión ó Concello de Teo para a prestación do Servizo de
Atención Temperá.
C) MOCIÓNS:
D) PARA CONTROL DO GOBERNO:
Punto noveno. Rogos e preguntas.