Solapas principales

Este xoves clausúrase a exposición “Teatro do Noroeste: 30 anos actuando”

Martes, 29 de enero de 2019

[29-01-2019] Despois de dezaoito días, este xoves, 31 de xaneiro, o concello de Ames despídese da exposición que conmemora as tres décadas de actividade da compañía Teatro do Noroeste. Exposta no vestíbulo da Casa da Cultura de Bertamiráns, a mostra supón un percorrido pola traxectoria desta importante compañía teatral afincada en Ames, ao tempo que reflexa as tres últimas décadas do teatro galego. A entrada para visitar a mostra é libre e gratuíta.


O vestíbulo da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle dende o pasado 14 de xaneiro a exposición Teatro do Noroeste: 30 anos actuando. A mostra, que se clausurará este xoves 31 de xaneiro, fai un percorrido polos trinta anos de actividade desta compañía teatral. A través de deseños de vestiario, roupa, fotos e carteis explicativos faise un resumo dos 37 espectáculos, as máis de 1250 representacións e os 167 profesionais que forman parte da historia da compañía dende a súa fundación, en 1987.

Así, o visitante pode admirar algunhas pezas de vestiario de obras como Os xustos (1991), Galileo Galilei (1993) ou Historias peregrinas (1995); así como entrevistas ao director Eduardo Alonso e a actriz Luma Gómez, fundadores de Teatro do Noroeste. Asemade, tamén se poden consultar diversos carteis informativos nos que se explican aspectos de interese de diversas obras montadas pola compañía dende a súa fundación.

A exposición convertese así na mellor mostra da vocación de Teatro do Noroeste por ofrecer un repertorio variado, formado por obras clásicas como McBeth (1994), A Celestina (2000) ou As vodas de Fígaro (1994); musicais como Imperial (2006) ou Glass City (2009) ou coproducións como Estación Mahagonny (1998) ou Romeu e Julieta (2010).

Dita mostra serve tamén como un reflexo do desenvolvemento do teatro galego durante as tres últimas décadas, con diversas caídas que cristalizaron nas producións teatrais. Asemade, reflexa a loita da compañía pola mellora dende dentro das condicións dos traballadores, tanto do corpo técnico como do artístico, e a súa defensa da profesionalización da labor teatral.

Contido relacionado


Compostela 24 horas: "O xoves remata a exposición “Teatro do Noroeste: 30 anos actuando”"
El Correo Gallego: "Bertamiráns despídese hoxe da exposición que celebra os 30 anos de Teatro do Noroeste"