Solapas principales

Adxudícanse por un importe de 91.476 euros as obras de mellora do camiño do Santo a Mourigade e de Maguxe a Lapido

Jueves, 03 de enero de 2019

[03-01-2019] A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación do proxecto que recolle as obras de mellora dos camiños de Santo a Mourigade e de Maguxe a Lapido, nas parroquias de Ortoño e Bugallido. Este proxecto, adxudicado á empresa Martínez Montes e Hijos, S.L. por un importe de 91.476 euros IVE incluído, está incluído no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal “POS+2018” da Deputación da Coruña.

A través do proxecto de mellora dos camiños de Santo a Mourigade e de Maguxe a Lapido, situados nas parroquias de Ortoño e Bugallido, preténdese arranxar e pavimentar o firme en aglomerado. Trátase de dúas vías de comunicación importantes para a a veciñanza amesá. A primeira delas, de Santo a Mourigada, é utilizada polos veciños e veciñas da parroquia para saír a Santiago, mentres que o camiño de Maguxe ata a ponte de Lapido constitúe unha vía alternativa de moito uso para achegarse a Bertamiráns.

O prazo de execución destas obras é de seis meses, a contar dende o día seguinte ó da sinatura do contrato, que tivo lugar este xoves, 3 de xaneiro, pola mañá. Así, prevese que as obras de mellora comecen ao longo deste primeiro mes do ano. Para o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, esta actuación “encádrase dentro das múltiples melloras que se realizaron nas distintas vías de comunicación do rural durante este mandato, co obxectivo de conservar e mellorar as súas infraestruturas e facilitando unha mellor accesibilidade a estes lugares”. Asemade, “supón unha mostra máis da liña de aposta polo rural que caracteriza a este goberno”

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Bugallido e Ortoño terán para xullo os camiños arranxados"
Lindeiros: "Adxudícanse melloras en camiños de Ortoño e Bugallido en Ames"