Solapas principales

Os nenos e nenas da EIM O Bosque envían as súas cartas aos Reis Magos

Jueves, 03 de enero de 2019

[03-01-2019] O alumnado de 2 a 3 anos da escola infantil municipal O Bosque realizou esta mañá unha visita á oficina de Correos de Bertamiráns, onde as nenas e nenos aproveitaron para enviar as súas cartas aos Reis Magos. Ademais, os cativos e cativas puideron coñecer de primeira man as tarefas que os traballadores/as realizan no seu día a día, e que posibilitarán que as súas misivas poidan chegar a tempo para a noite de Reis.


A noite deste sábado, 5 de xaneiro, os Reis Magos de Oriente farán unha parada en Ames para repartir unha chea de agasallos entre os nenos e nenas amesás. Co obxectivo de darlles unhas pistas para que saiban que deixar en cada casa, os alumnos e alumnas de 2 a 3 anos da EIM O Bosque visitaron esta mañá a oficina de Correos de Bertamiráns para enviar as súas cartas. Durante a mañá, os pequenos/as depositaron as cartas, que durante estas semanas elaboraron na escola, dirixidas a Melchor, Gaspar e Baltasar con unha serie de indicacións para que lles sexa máis fácil acertar sobre o que poderían deixar debaixo da árbore de Nadal.

Asemade, durante a visita os traballadores e traballadoras da oficina mostráronlle como funciona o servizo de envíos, e as distintas etapas que un paquete ou carta atravesa dende que se deixa nas instalacións ata que chega ao seu destinatario. Así, coñeceron as distintas funcións que se realizan tanto no establecemento como na fase de reparto.



Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Cartas de ilusión en Ames"
Compostela 24 horas: "Os pequenos da EIM O Bosque visitaron Correos para entregar a súas cartas aos Reis Magos"