Solapas principales

Ames daralle a benvida aos Reis Magos cunha festa que incluirá espectáculos de maxia e pompas

Viernes, 04 de enero de 2019

[04-01-2019] Este sábado, 5 de xaneiro, celébrase a noite de Reis, unha das máis esperadas polos cativos e cativas. Por elo, as nenas e nenos amesás daranlle a benvida a Melchor, Gaspar e Baltasar cunha festa moi especial, que se desenvolverá nos pavillóns municipais do Milladoiro e Bertamiráns. Antes da súa chegada, os Reis Magos pasarán polas Oficinas municipais do Milladoiro e pola Casa do Concello de Bertamiráns para deixar a súa firma estampada no libro municipal de sinaturas. Posteriormente, percorrerán as rúas do Milladoiro e Bertamiráns ata os pavillóns municipais, ás 17:30 horas e ás 18:30 horas respectivamente. No recibimento aos Reis haberá chocolate con rosca para merendar.


Antes de entregárense a unha noite chea de traballo, Melchor, Gaspar e Baltasar pasarán polo Concello de Ames para visitar e coñecer ás nenas e nenos amesáns. Co obxectivo de asinaren o libro de sinaturas municipal, os Reis Magos serán recibidos nas Oficinas xerais do Milladoiro, ás 17:00 horas, e na Casa do Concello en Bertamiráns, ás 18:00h. Posteriormente, as Súas Maxestades percorrerán, en coche, as rúas do Milladoiro (rúa Agro do Medio, rúa dos Cereixos e Travesía do Porto) e de Bertamiráns (praza do Concello e avenidas da Maía e da Peregrina). Nas dúas localidades produciranse cortes de tráfico esporádicos nas rúas polas que pase a comitiva real.

A recepcións aos Reis, unha grande festa que se desenvolverá nos pavillóns municipais, comezará ás 17:30h no Milladoiro e ás 18:30 en Bertamiráns. A festa incluirá dous espectáculos de maxia da man da maga Amelie e Mirror Led, e unha función con pompas de xabón de Willy Pomper. Ademais, de merenda haberá chocolate con rosca. A recepción real desenvolverase ao longo de 90 minutos, no que as nenas e nenos asistentes se poderán fotografar e conversar cos Reis Magos de Oriente.

Concurso de Cartas de Nadal
Este Nadal, o Concello de Ames puxo en marcha, por cuarto ano consecutivo e en colaboración coa Maxia do Nadal, unha iniciativa que procurou encher de contido as cartas coas que as cativas e os cativos piden os agasallos. Nesta edición, na que o lema foi no que o lema é Faille máis sitio á lingua, anímase ás crianzas a compartir as súas vivencias e pensamentos cos magos sobre o uso do galego nos distintos contextos e situacións do seu día a día. Así, os cativos/as poderán compartir as súas ideas escribindo, debuxando, pintando, decorando...

Os magos, moi amigos de todas as linguas do mundo, serán os encargados de entregar os premios deste concurso durante a festa de reis deste sábado. Haberá seis premios para as cartas máis interesantes e creativas e algunha delas ilustrará a programación de Nadal do vindeiro ano.

Contido relacionado


Compostela 24 horas: "Ames daralle a benvida aos Reis Magos cunha festa"