Solapas principales

Lola Tourón imparte esta fin de semana un obradoiro de cestería na Aula da Natureza

Viernes, 23 de noviembre de 2018

[23-11-2018] A Aula da Natureza organiza para esta fin de semana un obradoiro de cestería impartido pola cesteira e artesá do Caurel Lola Tourón. Durante o sábado e o domingo, os participantes poderán elaborar bolsos utilizando materiais naturais como palla ou vime, seguindo técnicas tradicionais, como o trenzado e cosido da palla.

O taller, para o que só quedan dispoñibles dúas prazas, comezará este sábado 24 de novembro ás 11.00h, e realizarase na Aula da Natureza, situada no número 5 de Quintáns, A Ameixenda. Unha vez alí, fixaranse os horarios en consideración aos participantes.

Lola Tourón, artesá do Caurel, está enfrascada na recuperación de modelos, técnicas e materiais tradicionais para a elaboración de bolsos, cestos e cestas nesta zona luguesa, algunhas das que compartirá cos participantes do obradoiro esta fin de semana.