Solapas principales

Iníciase a licitación das obras de pavimentación dos viarios das Mimosas por 85.309,19 euros

Viernes, 16 de noviembre de 2018

[16-11-2018] A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado, das obras de pavimentación dos viarios da urbanización das Mimosas, en Biduído. O importe do contrato é dun total de 85.309,19 euros, IVE incluído. Estas actuacións están incluídas no Plan Complementario do POS+ 2018.

As obras contempladas no proxecto irán destinadas a mellorar a capa de rodaxe dos viarios do núcleo das Mimosas con cinco centímetros de aglomerado en quente en toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Os viarios divídense en oito treitos de 550, 100, 105, 100, 140, 120, 115 e 60 metros de lonxitude; todos eles de 5 metros de ancho e tres sobreanchos de 35x3, 20x18 e 30x12 metros.

Estes traballos de mellora irán precedidos pola limpeza dos bordes de ambos lados dos viarios. Asemade, despois da pavimentación, procederase á sinalización horizontal con pintado de liñas en bordes e símbolos, así como a adaptación de 48 pozos e arquetas á nova rasante.

Contido relacionado


Lindeiros: "Ames inicia a licitación das obras de pavimentación das Mimosas"
Compostela 24 horas: "Licitadas as obras dos viarios das Mimosas por 85.309,19 euros"