Solapas principales

Consulta pública sobre a ordenanza para a protección e conservación dos camiños e vías públicas municipais do Concello de Ames

Martes, 22 de mayo de 2018

[22-05-2018] O Concello de Ames informa de que en conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (LPAC), e co obxectivo de contar coa participación da cidadanía no procedemento de elaboración da ordenanza municipal para a protección e conservación dos camiños e vías públicas se procede a efectuar, en cumprimento de decreto da Alcaldía 985/2018, unha consulta pública a través da web municipal, co fin de recadar a opinión das persoas e das organizacións mais representativas, pontencialmente afectados pola ordenanza que se pretende aprobar. Hai un prazo para elo de 20 días hábiles, a contar dende o 18 de maio de 2018 e ata o día 7 de xuño de 2018, ambos inclusive. A forma de participación é a través da dirección electrónica secretaria@concellodeames.gal. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio de dita consulta pública.