[15-11-2017] A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 9 de novembro de 2017 aprobou o prezo público correspondentes aos cursos de inglés básico e intermedio (PET) para o curso 2017/2018. En cumprimento do citado acordo, mediante o presente anuncio dáse conta da aprobación do prezo público, que é o que a continuación se indica:
CURSOS BÁSICO E INTERMEDIO INGLÉS Ingreso por participante
Usuario/a 158,00 euros.
Usuario/a familia especial consideración 126,00 euros.
Usuario/a emerxencia social (max. 3 casos) 0,00 euros.
Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio co devandito prezo público.