[29-09-2017] O departamento de Deportes fai pública a listaxe coa relación das prazas libres dispoñibles nas Escolas Deportivas que se imparten nas distintas instalacións do Milladoiro e no local social de Biduído, para o curso 2017/2018. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a listaxe completa e o impreso de inscrición.
A inscrición poderase realizar tanto de xeito presencial como telemático. Presencialmente, poderase facer na Casa da Cultura do Milladoiro e na Casa da Cultura de Bertamiráns, en horario de 9:00h a 13:00 horas. Telematicamente, os trámites poderanse realizar enviando o formulario de inscrición cuberto a un dos seguintes enderezos de correo electrónico: deportes@concellodeames.gal ou deportes.milladoiro@concellodeames.gal. Posteriormente, deberase solicitar a folla de autoliquidación por correo electrónico ou presencialmente, para efectuar o pagamento das actividades das que se vai participar. Unha vez se pague a devandita autoliquidación non será necesario entregar o resgardo.




