Solapas principales

O goberno municipal adxudica o servizo educativo de psicomotricidade para os dous próximos cursos

Viernes, 04 de agosto de 2017

[04-08-2017] A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación do servizo de psicomotricidade educativa e preventiva á empresa Fundación de Estudios e Análises. O novo contrato terá unha duración inicial de dous anos, podendo prorrogarse anualmente ata un máximo de catro anos (incluído período inicial e prórroga). O prezo de cada sesión por alumno é de 3,67 euros. Tendo en conta esta contía o custo total do contrato ascende a 28.736,10 euros. Durante os cursos 2017-2018 e 2018-2019 impartiranse un total de 7.830 sesións. Neste programa trabállanse tres áreas principalmente que son a nivel motor, cognitivo e socio-afectivo.

No pasado mes de abril o Concello de Ames sacou a concurso o novo contrato do programa de psicomotricidade educativa e preventiva. Unha vez finalizado o proceso de licitación, a Xunta de Goberno Local, vén de aprobar este venres a adxudicación deste servizo educativo, que terá unha duración inicial de dous anos, podendo prorrogarse anualmente ata un máximo de catro anos (incluído período inicial e prórroga).

Deste xeito, o programa de psicomotricidade educativa e preventiva foi adxudicado á empresa Fundación de Estudios e Análises. O prezo de cada sesión por alumno é de 3,67 euros. Tendo en conta esta contía o custo total do contrato ascende a 28.736,10 euros. Así, durante os cursos 2017-2018 e 2018-2019 impartiranse un total de 7.830 sesións. De outubro a decembro de 2017 impartiranse 1.468 sesións que terán un custo de 5.388,02 euros; de xaneiro a maio e de outubro a decembro de 2018 realizaranse 3.915 sesións por 14.368,05 euros; e de xaneiro a maio de 2019 haberá 2.447 sesións por 8.980,03 euros.

O programa de psicomotricidade educativa e preventiva, que está dirixido aos nenos/as de 3, 4 e 5 anos (etapa de educación infantil), desenvólvese nas aulas de psicomotricidade dos colexios de infantil, en Bertamiráns no CEIP A Maía e no CEIP Agro do Muíño, e no Milladoiro na escola infantil desta localidade. A actividade levarase a cabo cunha periodicidade dunha sesión semanal, cunha duración dunha hora, o longo do curso escolar. O obxectivo xeral que se persegue co programa de psicomotricidade educativa preventiva é favorecer o desenvolvemento do neno/a.


Contido relacionado


Lindeiros: "Ames adxudica o servizo de psicomotricidade para os dous próximos cursos"
Ames Go: "O servizo de psicomotricidade continuará outros dous anos"