Solapas principales

100 rapaces e rapazas están participando no VI campus de fútbol 8 do Bertamiráns FC

Martes, 27 de junio de 2017

[27-06-2017] Este luns, 26 de xuño, comezou unha nova edición do campus de fútbol 8 do Bertamiráns FC, que se desenvolve no campo municipal de fútbol desta localidade. Nestas actividades deportivas están participando 100 nenos e nenas de 6 a 12 años. Impártense nocións específicas sobre o xogo para xogadores e porteiros (condución, control, pase, caneos, desmarques, entradas, marcaxes, blocaxe, caídas e estiradas). Tamén teñen tempo libre de piscina e outras actividades lúdicas.


Ao longo desta semana estase realizando o VI campus de fútbol 8 do Bertamiráns FC no que participan 100 nenos e nenas. Trátase dun evento dedicado aos nenos e nenas de 6 a 12 anos, correspondentes ás categorías de prebenxamín a alevín, sendo o campo municipal de Bertamiráns onde se desenvolverán as accións formativas e de lecer desta actividade deportiva.

Ao longo da primeira xornada de traballo os nenos e nenas traballaron o regate e maila condución de balón. A segunda xornada estivo dirixida a traballar o control e pase do balón, así como o desmarque e a marcaxe. Tralas ensinanzas técnicas, os rapaces e rapazas poñen en práctica o aprendido participando en distintas competicións. Asemade, houbo traballo específico de porteiros que adestraron a blocaxe do balón, coas súas variantes de caída e estirada.

Os rapaces e rapazas participantes están divididos en varios grupos. Hai un traballo específico para os porteiros e outro dedicado aos xogadores de campo. Todos os participantes traballan diversos aspectos do xogo (condución, control, pase, caneos, desmarques, entradas, marcaxes...). Tamén ven vídeos e poñen en práctica o aprendido durante o campus participando en competicións. Deste xeito, trabállase tanto o aspecto táctico como o apartado técnico. Todas estas nocións combínanse con diversas actividades de lecer como piscina.