Solapas principales

O centro deportivo da Telleira convértese nun novo centro BeOne con novos servizos e un trato máis persoal cos usuarios

Martes, 23 de mayo de 2017

[23-05-2017] As instalacións do Centro deportivo municipal A Telleira, situado na localidade de Bertamiráns, acolleron a presentación da nova marca da empresa Serviocio, BeOne, coa que a compañía concesionaria xestionará o complexo de Ames. Ao acto acudiron o alcalde de Ames, José Miñones, o director da instalación, Borja Martínez, e representantes da empresa concesionaria. Este centro conta cunha media diaria de arredor de 600 usuarios/as.

Implantación do servizo de asesoría deportiva
Ademais, na sala de fitness implantouse o servizo de asesoría deportiva, que permite ter un control máis eficiente para poder atender e asesorar ao cliente. Esta asesoría deportiva está acompañada da implantación de aplicacións informáticas, que permiten coordinar a recepción coa sala fitness, así como mellorar o contacto do técnico da sala co usuario/a, a través dunha aplicación informática que ten o técnico instalada no seu dispositivo móbil e dun computador que está na propia sala.

Por último, implantouse un cuestionario NPS que se lle envía aos usuarios/as do centro deportivo co obxectivo de coñecer a súa valoración sobre as instalacións do centro e das actividades nas que participou. Esta ferramenta sérvelle á dirección do centro para intentar mellorar tanto a programación de actividades coma para coñecer se existe algunha deficiencia no centro que non foi detectada previamente.

A Telleira, é un dos dezaoito centros que o grupo Serviocio/BeOne xestiona en Galicia. No resto do estado esta entidade dispón de trinta e cinco centros e da servizo a máis de 152.000 usuarios e usuarias.

O grupo galego Serviocio/BeOne xestiona desde hai máis de once anos o Centro deportivo municipal A Telleira. Durante todos estes anos converteuse nun referente da actividade deportiva no municipio, consolidándose como un dos centros con máis usuarios e usuarias na zona.

O complexo da Telleira convertese agora nun novo Centro BeOne, a nova marca de Serviocio. A implantación vai máis alá dun cambio de nome comercial, xa que supón unha evolución nos protocolos de traballo e no servizo aos socios/as cara a innovación e a personalización. Novas políticas de xestión e organización que non teñen outro obxectivo que a proximidade e o benestar dos seus usuarios e usuarias.

Un dos principais cambios producíronse na recepción do centro cunha atención máis personalizada e eficiente. Liberouse a esta área das xestións e trámites diarios, para que a persoa que está realizando labores de atención ao público poida ofrecer un mellor servizo ao cliente para asesoralo e resolver as súas dúbidas.