Solapas principales

Anuncio co resultado da baremación do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de traballo de animadores á lectura

Jueves, 02 de febrero de 2017

[02-02-2017] O Concello de Ames publica o anuncio co resultado da baremación do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de traballo de animadores á lectura. Establécese como data para a reclamación contra a puntuación outorgada na fase de concurso o 8 de febreiro de 2017. O primeiro exercicio da fase de oposición será o vindeiro xoves, 16 de febreiro de 2017, ás 11:15 horas, debendo os/as aspirantes presentarse para o seu chamamento ás 11:00 horas. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.