Solapas principales

Retómanse esta semana as sesións de contacontos nas bibliotecas municipais

Martes, 15 de noviembre de 2016

[15-11-2016] As bibliotecas municipais de Ames acollen esta semana dúas novas sesións de contacontos cuxas historias están protagonizadas por personaxes “nada típicos”. A primeira sesión de “Nada é o que parece” terá lugar na biblioteca municipal do Milladoiro o mércores 16, e a segunda na biblioteca de Bertamiráns o xoves 17. Estas sesións de contos, que están dirixidas aos rapaces e rapazas de 3 a 8 anos, comezarán ás 18:00 horas e son gratuítas e de participación libre.

Esta semana volven os contacontos ás bibliotecas municipais baixo o título “Nada é o que parece”. Deste xeito, organízanse estas actividades na biblioteca do Milladoiro o mércores 16 e na de Bertamiráns o xoves 17. A temática destas dúas datas, xirará en torno a contos protagonizados por personaxes nada típicas.

Para rematar o mes, o mércores 30 de novembro, a biblioteca de Bertamiráns acolle a lectura dramatizada de “Princesas, cabaleiros e familias sorprendentes”: contos que rompen cos estereotipos de xénero. No Milladoiro esta sesión celebrarase o xoves 1 de decembro. As lecturas comezan sempre ás 18:00 horas e están dirixidas a crianzas de entre 3 a 8 anos.