Solapas principales

43 nenos e nenas de Ames rematan o verán na Granxa Escola Kirico

Lunes, 29 de agosto de 2016

[29-08-2016] Os rapaces e rapazas partiron esta mañá para a Granxa Escola Kirico, en Fornelos de Montes, onde practicarán, entre outras actividades, sendeirismo, kayac, hípica e tirolina. É a primeira vez que o Concello de Ames organiza un campamento a finais de verán. Un dos obxectivos da actividade é facilitar a conciliación da vida laboral e familiar aos veciños e veciñas que xa comezaron a traballar nestas datas. Outra das novidades deste campamento é que poden asistir nenos e nenas desde 1º de Primaria a 1º da ESO o que propicia que viaxen xuntos irmáns de diferentes idades. O campamento remata o venres, 2 de setembro.

Non adoitaba o Concello de Ames ate o momento a organizar campamentos a finais de verán. Emporiso a proposta deste campamento na Granxa Escola Kirico tivo unha resposta contundente de xeito que 43 nenos e nenas de distintas idades partiron esta mañá para Fornelos de Montes onde permanecerán ate o venres, 2 de setembro practicando deportes como o kayac, o pádel ou a hípica, facendo sendeirismo, realizando actividades de horta e granxa e desfrutando da piscina, os xogos acuáticos, o rocódromo e a tirolina. Especial mención merecen as veladas nocturnas nas que a través de xogos e dinámicas de participación se fomenta o coñecemento e a relación entre os distintos grupos que acoden ao mesmo tempo ao campamento.

A esta quenda de campamento na Granxa Escola Kirico asisten rapaces e rapazas desde 1º de Primaria a Primeiro da ESO. É outra das novidades do campamento que propicia a asistencia de irmáns de distintas idades xuntos e facilita ás familias a conciliación da vida laboral e familiar. “Cando pensamos neste campamento de finais de verán, que xa colle datas de setembro, pensamos que moitos pais e nais podían estar traballando xa e que o feito de que puideran acudir ao mesmo campamento irmáns de distintas idades podía facilitarlles mellor ás familias a conciliación da vida laboral e familiar”, manifesta Patricia Reboreda, técnica de Medio ambiente do Concello de Ames.

A elección da Granxa Escola Kirico como destino destes campamentos débese precisamente á cantidade e variedade de actividades que oferta para todas as franxas de idade. Ademais é un dos campamentos que desde hai anos máis demandan os nenos e nenas de Ames. “Teño tres fillos e todos foron xa os campamentos -cóntanos Celia, nai de Noa que asiste a este campamento- e a verdade é que sempre quedan encantados, pero do Kirico é do que máis falan e ao que sempre queren volver”.

Cos nenos e as nenas viaxan, ademais de Patricia Reboreda, Antía e Pedro que se formaron como monitores en Ames a través do curso que imparte no Concello a Escola Rural de Tempo Libre. Antía e Pedro, que se sumarán aos monitores da Granxa Escola Kirico para atender á rapazada de Ames, realizan deste xeito as prácticas obrigatorias do curso. 



Contido relacionado


La Voz de Galicia:"Niños de Ames, a la granja escuela Kirico"
El Correo Gallego:"Cuarenta niños amienses conciliarán en Kiriko a dos semanas del nuevo curso"