Jueves, 04 de agosto de 2016
[04-08-2016] O Concello de Ames publica as bases para a selección do alumnado traballador/a e persoal do obradoiro de emprego “RenovAmes-Brión”. Este obradoiro terá unha duración de 6 meses e contará con 15 alumnos/as traballadores/as e 5 profesores/as. Estará dirixido á colocación de equipamentos térmicos de biomasa (mellora da eficiencia enerxética) nos locais sociais de Augapesada, Piñeiro, Biduído e na escola unitaria da Tarroeira (Ames), así como nos locais sociais dos Ánxeles, da banda de música municipal, da escola de música e da biblioteca municipal (Brión). Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as devanditas bases.




