Martes, 10 de mayo de 2016
[10-05-2016] Este venres, 13 de maio, as bibliotecas municipais do Milladoiro e de Bertamiráns organizan unha serie de actividades especialmente dedicadas a Manuel María. A xornada de xogos comezará ás 18:00 horas en ambas bibliotecas.Nesta actividade poden participar nenas e nenos de 2º curso de primaria en adiante, pero para facelo é necesaria a inscrición previa. As persoas interesadas poden inscribirse entre o 6 e o 12 de maio acudindo ás propias bibliotecas, chamando ao teléfono 981530807 ou enviando un correo ao enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal




