Solapas principales

Preséntase en Ames “A Billeteira”, unha aplicación para a venda de entradas a través da rede

Viernes, 22 de enero de 2016

[22-01-2016] O Concello de Ames ofrece a partir de agora a posibilidade de mercar anticipadamente entradas para os espectáculos que se presenten nos auditorios das Casas de Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro a través de A Billeteira, unha aplicación de venda de entradas online á que se poderá acceder a través da páxina web municipal. As entradas estarán numeradas e a aplicación permite elixir butaca. A Billeteira estrearase o vindeiro luns, día 25 de xaneiro, coa venda anticipada de entradas para a obra de Sarabela Teatro “Ensaio sobre a cegueira”, baseada nun texto de Xosé Saramago. Quen prefira mercar directamente as entradas poderá facelo nos propios auditorios unha hora antes da función. Ademais a Aula de Informática do Milladoiro asesorará ás persoas que teñan dúbidas sobre o procedemento a seguir na compra de entradas a través de esta nova aplicación. Á presentación acudiron varios dos actores de “Ensaio sobre a cegueira” que aproveitaron a circunstancia para presentar o espectáculo que se representará na Casa da Cultura de Milladoiro o vindeiro venres 29 de xaneiro.

O público que acuda os espectáculos que se presenten en Ames, nas Casas da Cultura de cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, poderá facelo coa tranquilidade de ter mercada a entrada de antemán a través desta nova aplicación que poñen en marcha as concellarías de Cultura e Comunicación coa finalidade de facilitar a adquisición de entradas antes dos espectáculos e a elección de butaca. A nova aplicación servirá tamén para evitar que, como acontece nalgúns eventos, o público se achegue aos auditorios e se atope con que non hai xa entradas dispoñibles.

Para o concelleiro de Cultura, David Santomil, “A Billeteira entra dentro do plan de modernización do modelo de xestión da programación cultural e de espectáculos do Concello de Ames e complementa a inversión en equipamentos que vimos de facer na Casa da Cultura de Bertamiráns”.

Pola súa banda, a concelleira de comunicación, Isabel Vaquero di que “O goberno de Ames seguirá dando pasos para mellorar a comunicación coa veciñanza de Ames. Logo da ampliación da cobertura de Ames Radio e de a aparición deste portal para informarse sobre os eventos culturais e adquirir entradas, a comunicación do Concello a través dos medios electrónicos collerá un novo pulo coa nova web, en cuxa planificación xa estamos traballando e que verá a luz ao longo deste ano”.

Os actores de "Ensaio sobre a cegueira" presentes na presentación

A Billeteira presentouse esta mañá en rolda de prensa na Casa da Cultura do Milladoiro. Na presentación, ademais do concelleiro de Cultura, David Santomil, estiveron presentes Fernando Dacosta. Josito Porto e Xavier Estevez , actores da Compañía Sarabela Teatro que forman parte do elenco da obra “Ensaio sobre a cegueira”. Os actores, que destacaron o “carácter de metáfora da realizade actúal” que ten a obra de Saramago, convidaron ao públicode Ames a que acudira a obra e se animara a estrear este novo sistema de xestión de entradas.

A posta en marcha desta nova aplicación foi financiada con fondos europeos.

Contido relacionado


La Voz de Galicia:"Ames dispondrá de una aplicación para la venta de entradas para espectáculos"
El Correo Gallego:"Aplicación para reservar entradas en Ames y teatro de Saramago con Sarabela"