Solapas principales

O goberno municipal convida á veciñanza ao acto de presentación da candidatura Ames 2020 de cara á convocatoria DUSI cofinanciada con fondos FEDER

Jueves, 26 de noviembre de 2015

[26-11-2015] Este venres, 27 de novembro, ás 13:30 horas, o goberno municipal vai presentar publicamente o lanzamento da candidatura de Ames 2020 de cara á convocatoria DUSI cofinanciada con fondos FEDER. O acto de presentación terá lugar, ás 13:30 horas, no salón de plenos da Casa do Concello. O executivo amesán quere abrir un proceso de participación para toda a veciñanza, así como para as diferentes asociacións, clubs e organizacións municipais. Preténdese realizar un proceso impulsado polo Concello para xerar un desenvolvemento urbano e sostible, e integrado nun horizonte temporal que aspira a facilitar a transformación urbana, económica, medioambiental, cultural e social.

Ames 2020 é un proceso impulsado polo Concello de Ames para xerar un desenvolvemento urbano sostible e integrado no horizonte temporal 2020, mediante un proceso de participación cidadá, que aspira a facilitar a acción de transformación urbana, económica, medioambiental, cultural e social.

O novo período de financiamento europeo 2014-2020 supón unha oportunidade para as Administracións públicas e, por extensión para o conxunto dos cidadáns. Ábrense novas vías de financiamento e as cidades poderán acceder a fondos para consolidar ou poñer en marcha iniciativas que apuntalen o desenvolvemento urbano dos seus territorios.

O pasado día 17 de novembro de 2015, publicouse a orde HAP/2427/2015, de 13 de novembro, pola que se aproban as bases e a primeira convocatoria para a selección de estratexias de desenvolvemento urbano sostible e integrado que serán cofinanciadas mediante o programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

Presentación de candidaturas
A través desta convocatoria, ábrese un proceso de presentación de candidaturas para ser financiados polos fondos FEDER, e o Concello de Ames ten previsto presentar unha estratexia propia de desenvolvemento para acadar una subvención da Unión Europea de 5 millóns de euros para desenvolverse hasta o ano 2022. A estratexia presentada polo concello basearase nos conceptos de cidade intelixente, cidade sostible e cidade integradora, obxectivos temáticos do desenvolvemento urbano contidos no artigo 7 do Feder.

O alcalde de Ames, José Miñones, salienta "a importancia deste proxecto co que queremos cambiar a percepción de crecemento do noso concello redeseñando unha nova estratexia a medio e largo prazo e na que todos debemos ser partícipes garantindo o desenvolvemento futuro e común dos obxectivos que queremos implantar en Ames".

A presentación do lanzamento da candidatura do Concello de Ames e a formalización do proceso de participación que está a desenvolverse, será presentado este venres, 27 de novembro, ás 13:30 horas, no salón de plenos da Casa do Concello de Ames.