Solapas principales

Apúntate no curso de inglés para a obtención do certificado Preliminary English Test

Martes, 06 de octubre de 2015

[06-10-2015] A concellaría de Mocidade organizou unha nova edición do curso de inglés destinado a formar a alumnos/as para a realización do exame Preliminary English Test (PET-B1). O curso, dirixido a persoas maiores de 18 anos, empadroadas no concello de Ames e con coñecementos mínimos de inglés (ESO/BUP ou equivalente), celebrarase do 3 de novembro ao 19 de xuño nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. O prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 21 de outubro. As prazas son limitadas ata un máximo de 30 (15 para Bertamiráns e 15 para Milladoiro). O curso terá un custe de 150 euros (suxeito a bonificacións e exencións). Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e o impreso de inscrición para participar no curso de inglés.