Solapas principales

O Concello de Ames outorga ao Arcebispado de Santiago a licenza de obra maior para construír unha igrexa no Milladoiro

Viernes, 20 de febrero de 2015

[20-02-2015] O Concello de Ames aprobou onte na Xunta de Goberno Local a concesión de licenza de obra maior ao Arcebispado de Santiago para construír unha igrexa no Milladoiro. O edificio estará situado no sector urbanizable S-14, “Travesía do Porto Norte”, e terá unha superficie duns 2.928,10 metros cadrados.

Unha vez aprobada esta petición, o comezo das obras non poderá superar os seis meses e deberán estar rematadas antes dos vindeiros tres anos. O Concello de Ames poderá conceder unha soa prórroga por un novo prazo non superior a seis meses. O orzamento do proxecto acada 1.600.000 euros.  

O alcalde de Ames, Santiago Amor, destaca que a nova infraestrutura relixiosa que fará o Arcebispado resolverá unha “necesidade antiga” para que os actos litúrxicos se poidan desenvolver en “mellores condicións” para os fieis e os usuarios.  

O espazo é de propiedade municipal e foi dividido en tres parcelas en 2013. No pleno de xuño dese mesmo ano aprobouse a súa cesión ao Arcebispado de Santiago e quedou inscrita como ben patrimonial no Rexistro da Propiedade de Negreira. En outubro de 2014 realizouse a solicitude de licenza para a futura construción do templo.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "La construcción del centro parroquial de Milladoiro comenzará en junio"
El Correo Gallego: "Las obras para la nueva iglesia de O Milladoiro podrían empezar en junio"
La Voz de Galicia: "El Arzobispado recibe la licencia para levantar la iglesia nueva en Milladoiro"
El Correo Gallego: "O Arcebispado xa dispón da licencia para construír unha igrexa no Milladoiro"