Solapas principales

Douscentos estudantes do IES de Ames reciben a visita sorpresa da cantante Soraya Arnelas

Jueves, 12 de febrero de 2015

[12-02-2015] O Concello de Ames organizou esta mañá unha visita sorpresa da cantante Soraya Arnelas ao IES de Ames, en Bertamiráns, onde foi aclamada e ovacionada por máis de 200 adolescentes. A artista, que se deu a coñecer no televisivo "Operación Triunfo", estivo acompañada polo alcalde amesán, Santiago Amor, e os edís Ana Ruso e Bernardo Moar, ademais de pola directora do centro, Marisol Louro.

Arnelas compartiu cos escolares algunhas das experiencias da súa carreira artística e lanzou algúns consellos a un grupo de alumnos que están a preparar un musical. O rexedor local agradeceu á artista a súa visita e sinalou que é “un exemplo a seguir” para os rapaces, aos que animou a cultivar o seu “talento con esforzo e traballo”.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "La cantante Soraya visita por sorpresa a 200 estudiantes del IES de Ames"