Solapas principales

Está aberto o prazo de inscrición para participar na Festa do Entroido na que haberá concursos de disfraces e de receitas típicas de carnaval

Martes, 27 de enero de 2015

[27-01-2015] Por cuarto ano consecutivo o Concello de Ames organiza unha Festa de Entroido na que haberá un concurso de disfraces e outro concurso de receitas de carnaval. Esta iniciativa desenvolverase o luns 16 de febreiro, a partir das 17:00 horas, no aparcadoiro da Telleira, en Bertamiráns. Este ano incrementouse o importe dos premios do concurso de disfraces. Repartíranse un total de 4.875 euros en premios (4.125 euros no concurso de disfraces e 750 euros no concurso de receitas de Entroido). Ademais, este ano haberá un premio especial dotado con 100 euros, para o mellor disfrace feito con material de reciclaxe.

Para participar no concurso de disfraces haberá que inscribirse antes das 11:00 horas do 16 de febreiro, mentres que a data límite de presentación de receitas será o xoves 12 de febreiro. A festa estará amenizada pola charanga BB+ e pola orquestra Players. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases dos concursos e os impresos de inscrición.