Solapas principales

A unidade móbil de doazón de sangue estará o día 16 de xullo en Bertamiráns

Lunes, 07 de julio de 2014

[07-07-2014] A unidade móbil de doazón de sangue visita todos os meses o concello de Ames. Durante o mes de xullo estará o día 16 en Bertamiráns. Nesta localidade o autobús estará situado na parada da Avenida da Maía, fronte á Praza da Maía. O horario será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30h a 21:00 horas. O Centro de Transfusión de Galicia, grazas a utilización das unidades móbiles, intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadáns. Nesta ocasión terán a oportunidade de doar todos os veciños e veciñas de Bertamiráns que así o desexen.