[03-06-2014] O departamento de persoal do Concello de Ames fai público o resultado da fase de baremación de méritos do proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as instalacións das piscinas municipais no Concello de Ames. A realización da proba correspondente á fase de oposición terá lugar este xoves 5 de xuño de 2014, ás 11:00 horas. Os opositores deberán presentarse provisto do DNI, ás 10:30 horas, no Centro Municipal de Servizos Múltiples de Aldea Nova, situado na Rúa da Ribeira, número 64-C, Urbanización Aldea Nova (Ames). Todos/as os/as aspirantes deberán presentarse ese día e a esa hora, provistos do DNI e do material necesario para a realización da proba. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o decreto co resultado da fase de baremación de méritos do proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as piscinas municipais.




