Solapas principales

Na comisión informativa previa ao pleno ordinario de maio abordouse a licitación do servizo público do ciclo integral da auga

Lunes, 02 de junio de 2014

[02-06-2014] Este luns, 2 de xuño, celebrouse a comisión informativa permanente de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas, Parques e Xardíns, e Medio Ambiente, previa ao pleno ordinario do mes de maio, que se celebrará este xoves, 5 de xuño, xa que o xoves pasado foi festivo local no concello de Ames. Nesta comisión os concelleiros e concelleiras municipais abordaron a licitación do servizo público do ciclo integral da auga do Concello de Ames e unha moción presentada polos ex-concelleiros/as do Partido Popular de Ames sobre o problema do tráfico que circula pola avenida de Rosalía de Castro do Milladoiro.

Despois de que a comisión plenaria de abastecemento e saneamento se reunise varias veces nos últimos meses, os concelleiros e concelleiras da corporación municipal deberán debater no próximo pleno ordinario do mes de maio sobre a licitación do servizo público do ciclo integral da auga do Concello de Ames.

Na última xuntanza desta comisión avanzouse no traballo de redacción dos pregos para licitar o novo servizo de saneamento e abastecemento. O obxectivo do goberno municipal é que se chegue a un consenso sobre as diferentes propostas presentadas para licitar o novo servizo. Tal e como se estableceu nas comisións anteriores estanse seguindo os pasos marcados polos técnicos dos departamentos municipais de Intervención e Secretaria.

Cómpre lembrar que para a redacción dos pregos realizouse un estudio económico, a dous anos, sobre este servizo municipal. Esta licitación foi desenvolvida seguindo as indicacións dos informes emitidos polos técnicos municipais de Intervención e Secretaria.

O goberno municipal recorda que seguiu en todo momento as indicacións marcadas no informe elaborado de xeito conxunto polos técnicos dos departamentos municipais de Secretaría e Intervención, no cal se explicaba que a única opción posible no ciclo integral da auga era unha concesión a curto prazo. Isto podíase facer a través dunha encomenda da xestión ou dun proceso de licitación co obxectivo de estudar a fondo o servizo, para o que había que realizar unha auditoría na que se estudaran as necesidades a largo prazo.

Moción sobre o tráfico na avenida Rosalía de Castro
Os concelleiros/as non adscritos María Dolores Fernández, Alfonso Rey, María González, Manuel Ferreiro, Emilio Martínez e Ramón García presentaron unha moción sobre o problema do tráfico que circula pola avenida de Rosalía de Castro do Milladoiro. Nesta moción ínstase ao goberno central a recuperar o estudio de execución da variante do Milladoiro para liberar de tráfico a devandita avenida. Ademais, indican que no caso de que o estudo de viabilidade feito pola Dirección Xeral de Estradas no ano 2007 non sexa a solución, instan ao Ministerio de Fomento para que lle dea as instrución necesarias á Dirección Xeral de Estradas para iniciar un procedemento de estudo sobre a viabilidade de facer un túnel por debaixo da rúa Rosalía de Castro.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El gobierno de Ames insiste en pactar la licitación del agua y el saneamiento"