Viernes, 03 de enero de 2014
[03-01-2014] O Concello de Ames publica a lista provisional de admitidos e excluídos no proceso para a creación dunha bolsa de traballo de conserxes. Tras a publicación da lista no taboleiro de edictos do Concello e na páxina web abrese un prazo de cinco días, que remata o vindeiro 10 de xaneiro de 2014, para que os/as interesados/as poidan proceder á subsanación das súas solicitudes e/ou presentación das reclamacións que estimen convenientes. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a devandita lista.




