Lunes, 30 de diciembre de 2013
[30-12-2013] Tras o dramático suceso de violencia de xénero ocorrido o pasado xoves, 26 de decembro, en Marín, onde Isabel Pérez Fraga de 45 anos perdía a súa vida, supostamente a mans da que era a súa parella sentimental, dende o Concello de Ames manifestamos a nosa máis firme repulsa ante este último acto de violencia de xénero. Deste xeito, convócamos a todos os traballadores municipais e a todos os veciños/as que desexen asistir á concentración que terá lugar este luns 30 de decembro, ás 13:00 horas, diante da Casa do Concello. No caso de que chova moito a concentración realizarase no salón de Plenos.




