Solapas principales

Este venres, 22 de novembro, inaugurase no Pazo da Peregrina a exposición Berrinches, de Natalia Horschovski, enmarcada na programación de outono do Concello de Ames

Jueves, 21 de noviembre de 2013

[21-11-2013] O Pazo da Peregrina, situado en Bertamiráns, acollerá entre o 22 de novembro e o 5 de decembro a exposición de Natalia Horschovski, denominada Berrinches. Tratase dunha mostra de pintura que recolle arredor de 20 cadros. Nesta exposición haberá cadros que resumen parte da obra da autora arxentina, que reside en Ames, e os cadros que forman parte da mostra Berrinches. Esta mostra poderá visitarse de luns a xoves, en horario de 16:00 a 20:30 horas, os venres e sábado, de 18:00 a 23:00 horas, e os domingos, de 16:00 a 20:30 horas. A exposición será inaugurada este venres, 22 de novembro, ás 21:30 horas. Esta exposición enmárcase dentro da programación de outono do Concello de Ames.

O Concello de Ames ofrece a toda a veciñanza amiense unha ampla programación cultural para todos os públicos. Todas as fins de semana organízanse numerosas actividades nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. A estas actividades tamén se suman en moitas ocasións varias exposicións de pintura ou outro tipo de artes, que normalmente se poden visitar no Pazo da Peregrina.

Neste caso, o Pazo da Peregrina acollerá entre o 22 de novembro e o 5 de decembro a exposición de Natalia Horschovski, denominada Berrinches. As persoas que se acheguen ao Pazo da Peregrina poderán ver arredor de 20 cadros que forman parte da exposición Berrinches, pero tamén se poderá gozar doutras obras que son unha síntese do traballo pictórico feito por Natalia Horschovski.

A autora explica que cada cadro ten un grito ou unha chamada de atención diferente. Nesta exposición os nenos e nenas reflicten berros de dor, enfado, temor, así como berros nos que desexan chamar a atención. Na exposición saen varios nenos e nenas de distintas idades e diferentes países europeos, americanos, asiáticos, etc. “Sentín a necesidade espontánea de reflectir o que dicían estes nenos. Nos cadros os nenos están pedindo e reclamado algo”, indica Natalia Horschovski.

Esta mostra poderá visitarse de luns a xoves, en horario de 16:00 a 20:30 horas, os venres e sábado, de 18:00 a 23:00 horas, e os domingos, de 16:00 a 20:30 horas. A exposición será inaugurada este venres, 22 de novembro, ás 21:30 horas.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Este venres inaugurase a exposición Berrinches, de Natalia Horschovski"